O Concello de Arteixo denega a participación de Alternativa dos Veciños no pleno

O grupo municipal, amparándose no Regulamento Orgánico Municipal, pretendía demandar na sesión plenaria de hoxe accións para a defensa dos dereitos da veciñanza ante o proxecto de implantación dunha planta de residuos industriais, que incluiría dúas chemineas de gran altura e emisión de gases contaminantes a escasos 540 metros do Portiño e os areais.

Alternativa presenta unha alegación contra a planta de residuos industriais no Porto Exterior

A Plataforma pola Defensa da Natureza e Calidade Ambiental de Arteixo, Alternativa dos Veciños e uns 200 veciños e veciñas presentaron unha alegación ante a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia, solicitando a denegación da autorización ambiental á empresa “Euroash Recycling Corporation, S.L. ” que pretende instalarse no Porto Exterior.