Liñas políticas da Alternativa dos Veciños
Aspiramos a un mundo mellor
Estas liñas políticas, agrupadas por temas, só queren servir de inspiración a acción política da Alternativa. Nelas reflíctense a maioría das tendencias de pensamento que orientan a nosa identidade.
Son ademáis un modelo de democracia participativa a tódolos niveis dentro do seo da nosa organización e queren alentar a novos votantes e simpatizantes a implicarse activamente nos distintos aspectos da asociación.
“Alternativa dos Veciños” é unha asociación política legalmente rexistrada conforme a lei 54/1978, coa finalidade de contribuir democraticamente á determinación da política nacional, á formación da vontade política dos cidadáns e que aspira a representar á maior parte da poboación de Oleiros na institución municipal.
PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS
Somos un movemento veciñal asembleario formado por unha longa cadea de xentes que loitan honestamente por unha sociedade e un mundo máis humano, máis fraternal e solidario, máis xusto e socialmente equilibrado, pola paz e o dereito de todas e todos a unha vida social e culturalmente digna.
Por iso a incorporación e participación da veciñanza na vida municipal está garantida, e as iniciativas que se levan a cabo polo Goberno Municipal son froito das demandas das persoas, que son as verdadeiras protagonistas do desenvolvemento do concello de Oleiros.
En definitiva, que o movemento asembleario é o eixo vertebrador da política municipal onde finalmente que deciden son os veciños e veciñas de todas as parroquias de Oleiros.
IDEAS PROGRESISTAS E UNIVERSALISTAS
Manifestámonos como un movemento progresista e plural, que non está supeditado a ningún ideario do espectro político partidario actual, que respecta a identidade ideolóxica e cultural de cada quen, pero iso si, profundamente progresistas e defensores do ser humano.
Por iso, Alternativa dos Veciños non se limita a loitar pola calidade de vida e o benestar social da cidadanía de Oleiros, senón que ademais defende irrenunciablemente o dereito de todos os pobos do mundo a esa calidade de vida, loitando contra dos desequilibrios sociais e territoriais e defendendo o dereito a vivir con dignidade, a que sexan donos de seu, soberanos do seu territorio e a decidir o seu propio futuro.
Consideramos que a democracia, onde todas as persoas e grupos teñen o dereito a expresar as súas opinións e a participar nas decisións, é o eixo básico de participación cidadá na toma de decisións colectivas, aínda que afirmamos que non hai un só xeito de practicala como adoitan facernos crer desde os centros de poder actuais.
Por iso defendemos que cada comunidade humana, en función do seu modelo político ou grao de desenvolvemento, debe adoptar as fórmulas máis axeitadas para promover sistemas de participación popular limpos e accesibles á gran maioría da poboación, promovendo un acceso axeitado aos estándares de desenvolvemento económico, político e social como o único camiño para acadar un sistema de liberdades efectivas.
PAZ E COOPERACIÓN NO MUNDO
Apostamos por unha política de paz, pola desmilitarización, polo respecto a dereito internacional e defendemos o diálogo e a cooperación como o único instrumento válido nas relacións internacionais entre os pobos, rexeitando abertamente o uso das armas e a carreira armamentística.
Por isto, declaramos o noso compromiso coa non-violencia entre os Estados, dentro das sociedades e entre os individuos, como principios básicos da seguridade mundial para a prevención e a resolución dos conflitos.
BIODIVERSIDADE E SUSTENTABILIDADE
Recoñecemos que as formas actuais de produción e consumo, baseadas no crecemento económico a calquera prezo, na usura e no despilfarro dos recursos naturais, están causando un gran dano no medio ambiente e a extinción de especies e ecosistemas.
Por iso manifestamos a necesidade de conservar e coidar a biodiversidade, defendendo un desenvolvemento económico sustentábel mediante o uso e a explotación racional dos recursos naturais, que garanta a integridade e a preservación dos mesmos, que permita aumenta-la calidade de vida e para asegurar ademais que as xeracións vindeiras poidan gozar dun medio ambiente natural saudable e os mesmos dereitos naturais e culturais.
DEREITOS HUMANOS BÁSICOS
Lembramos e recofiecemos que moitos pobos e nacións do mundo foron empobrecidos pola colonización e a explotación. Por tanto, simpatizamos e apoiamos aqueles pobos que foron capaces de levar a cabo procesos de independencia co fin de garantirlle ás suas poboacións dereitos humanos básicos como alimentación nutritiva, dereitos laborais, vivenda digna, saúde, educación, auga potable e un medio ambiente natural no contaminado.
Declaramos que todos os individuos deben de dispoñer dos mesmos dereitos independentemente das súas condicións de xénero, raza, etnia, idade, clase, relixión, orixe, orientación sexual, estado de saúde ou discapacidade.
Polo tanto fomentaremos as relacións responsables e respectuosas que superen as divisións dentro das sociedades multi-culturais e multi-étnicas, a implantación da democracia, o recofecemento dos dereitos dos pobos indíxenas e as minorías étnicas.
Sen embargo, condenamos os réximes onde se violen os dereitos humanos, impere a corrupción e se impida a liberdade de opinión ou de expresión do pensamento.
IGUALDADE, LIBERDADE E DEREITOS
Asumimos o compromiso de promover a igualdade entre os homes e mulleres, de non tolerar a corrupción, e de informar nos cidadáns de forma eficiente, veraz, responsable e con total transparencia.
Defendemos o dereito da cidadania a acceder á información pública e a dispoñer duns medios de comunicación libres e independentes. Tamén defendemos o dereito ó acceso universal ás novas tecnoloxías da información propugnando ademais o seu abaratamento e a loita contra a fenda dixital.
Apoiamos a separación dos poderes entre os sistemas executivo, lexislativo e xudicial e a separación entre a Igrexa e o Estado.
Apoiamos o desenvolvemento e o fortalecemento dos gobemos locais e demandamos máis autonomía e maior financiamento por parte do Estado e da Comunidade Autónoma.
Aspiramos a que a experiencia, acumulada tras 30 anos de traballo social e máis de 25 anos de xestión municipal en Oleiros, sexa un exemplo práctico sobre o modo de poñer a acción política ao servizo das persoas para beneficio da maior parte da poboación e como defensa das persoas ante os intereses dos axentes económicos.
Desta maneira é evidente que o nome “Oleiros” hoxe significa “calidade de vida”, que Oleiros é un “concello diferente” e que o modelo de participación cidada logrou un achegamento entre o gobero municipal e o pobo
Ainda que sexa o local o ámbito principal e de acción política da Alternativa dos Vecifos, preocúpanos tamém a realidade política, económica, social e cultural fora do noso territorio.
Por iso, como froito da xestión de Alternativa dos Veciños no concello e nas instancias supra-municipais creouse o Consorcio das Mariñas, no que participamos de forma moi activa, e que está a dar servizos públicos a tódolos veciños da comarca contribuíndo a unha maior calidade de vida e desenvolvemento.
Consideramos necesaria a creación da Área Metropolitana da Coruña, pero ademais interésanos a situación de Galicia, de España, de Europa e do Mundo, e por iso cremos nun Oleiros que debe responder aos desafios políticos, económicos e sociais que afectan a todos os pobos.
Por tanto, defendemos os principios de liberdade e igualdade entre os pobos, de solidariedade cos mais desfavorecidos, a defensa da democracia e dos dereitos humanos e o dereito á paz.
Participamos e fomentamos as accións de cooperación cos países e pobos máis necesitados e apoiaremos tódalas políticas de financiamento dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento, dedicando como mínimo un 0,7% dos orzamentos de Oleiros.
Afirmamos que historicamente Galicia constitúe unha realidade política, socioeconómica, linguística e cultural e defendemos o dereito libre e lexítimo a dotarnos de máis cotas de autogobero nunha estrutura plurinacional do Estado español.
Aspiramos a que cada pobo poida decidir o seu futuro, polo que defendemos unha Galicia con máis competencias e máis participación nas institucións estatais comúns, en base aos principios de igualdade, lealdade, cooperación e solidariedade.
Defendemos a construción dunha Galicia integrada, a través da vertebración política, económica e social, de cara a superar a dependencia e a eliminar as lacras tradicionais do desequilibrio interterritorial, do desmantelamento das industrias, do atraso do agro, da emigración e do paro encuberto.
Apoiamos unha España descentralizada, capaz de camiñar progresivamente cara o recoñecemento das diversas identidades do Estado e que nos conduza cara unha auténtica Europa dos traballadores e dos pobos onde cada cidadán e cada país sexan recoñecidos en total igualdade.
Entendemos que o Estado debe ir entregando progresivamente parte das súas competencias ás comunidades con forte personalidade histórica, para que estas poidan decidir baixo os seus fundamentos: o ordenamento dos sectores económicos básicos, a administración pública e a fiscalidade, a lingua e a cultura.
A nosa idea de comunidade nacional coincide coa galega, pero considerámonos internacionalistas e por iso aspiramos a un mundo sen fronteiras, e por tanto tamén a unha España e unha Europa sen fronteiras, con absoluto respecto ás diferentes sensibilidades nacionais e culturais e capaz de limar as suspicacias que tanto mal causan ao entendemento entre os seres humanos.
Proclamamos a nosa simpatía por un modelo social de Europa que atenda a redistribución dos recursos económicos entre todos os cidadáns por medio de políticas sociais, se ben consideramos que esa redistribución debe ser máis efectiva co fin de reducir a concentración de capitais en poucas mans e estender a posesión da riqueza cada vez a máis persoas, elevando a calidade de vida e benestar, promovendo hábitos saudables e xeneralizando o acceso á cultura e á tecnoloxía baixo unha óptica social.
Apostamos por un Oleiros integrador e harmonioso no que o deseño urbano e o respecto polo medio ambiente sexan referentes para a dinamización da actividade industrial, turística e comercial. Alterativa dos Veciños comprométese á defensa e á mellora da situación ambiental, levando a cabo estudios de impacto ambiental e un control estrito naquelas actuacións que poidan alterar o valor natural, paisaxístico on a biodiversidade do noso territorio.
Continuaremos estimulando iniciativas relacionadas co medio e promovendo ademáis a educación ambiental mediante a programación de actividades paralelas ou complementarias como cursos de ecoloxía, visitas ambientais, escolas-taller, publicacións relaciocadas co medio, fomento da reciclaxe, consumo e uso responsable da enerxía, entre outras actividades.
Promoveremos a racionalización no gasto dos recursos con utilización de enerxías alternativas nos edificios públicos, estudando fórmulas para o aforro nos consumos enerxéticos, introducindo e favorecendo a compostaxe domiciliaria, controlando os consumo abusivo dos recursos naturais, vixiando os verquidos non autorizados á rede de sumidoiros polo elevado custo ambiental que producen, potenciando na cidadanía o uso de produtos que reduzan a creación excesiva de lixo e continuando coa política de fomento da separación en orixe.
Esixiremos a utilización de madeiras de orixe certificada e seguiremos a manter a defensa das árbores singulares e a plantación de exemplares nas zonas públicas.
Preocúpanos a recuperación ambiental e o saneamento integral da Ría do Burgo, da Ría de Betanzos e en xeral de todo o Golfo Ártabro. Por isto seguiremos impulsando a protección e a recuperación da costa, controlando as infraestruturas, obras e actividades que poidan incidir negativamente sobre o medio mariño e controlando os verquidos ao longo da franxa costeira ou a carón dos ríos, protexendo de forma especial o Monumento Natural de Serantes e Dexo.
O Castelo de Sta. Cruz acolle o CEIDA, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, que preside trimestralmente o Concello de Oleiros, en quendas correlativas, coa Xunta de Galicia e coa Univenidade da Coruña, organizándose cursos, charlas, conferencias e exposicións sobre a natureza neste espazo recuperado grazas á xestión de Alternativa dos Veciños na súa procura de ofrecer unha educación medioambiental permanente e actualizada á cidadania.
Altemativa dos Veciños buscou o desenvolvemento do territorio na aplicación dos Plans Xerais de Ordenación Urbana, evitando que Oleiros se convertese nunha serie de barriadas masificadas carentes de infraestrutura urbanística e equipamentos, garantindo desta maneira desenvolvemento ordenado do urbanismo, a protección do medio ambiente, evitando a degradación da nosa importante franxa costeira e os nosos ríos, dotándonos de importantes zonas verdes, favorecendo a calidade de vida e fomentando ao mesmo tempo o desenvolvemento económico do noso territorio.
Cabe destacar que a través da boa xestión levada a cabo polo goberno de “Altemativa dos Veciños” foise adquirindo un patrimonio municipal de gran valor, recuperando numerosos edificios de alto valor histórico, arquitectónico e cultural: Torres de Santa Cruz, Castelo da Illa de Santa Cruz, Casa Charry, Pazos de Arenaza e de Lóngora, Finca Rialeda, A Fábrica de Perillo, entre outros
Bens que se foron logrando mediante a realización de convenios entre o Concello e os propietarios do solo, por compensación, por compra pactada e nalgúns casos mediante o sistema de expropiación lexítima, cando non foi posible chegar a acordos.
Desta maneira logrouse a dotación dunha chea de equipamentos educativos, deportivos, culturais, sanitarios e inmensas zonas verdes (parques e xardíns públicos, prazas, paseos marítimos, áreas de xogo, paseos, recuperación de fontes e lavadoiros, etc.) para aumentar a calidade de vida e para o lecer da poboación, como froito dunha política urbanística participativa, socializadora e solidaria.
Todo isto foi posible grazas aos sucesivos Plans Xerais de Ordenación, que permitiron a protección de grandes espazos naturais preservándoos de todo tipo de degradación, ordenando parte dos mesmos como zonas de alto valor ecolóxico de interese europeo.
Destacan entre elas o Monumento Natural da costa norte, desde Mera ata Lorbé con 266 hectáreas, o Bosque dos Veciños que se inicia tras a praia de Bastiagueiro e chega 6 linde dos Regos cunha superficie de máis de 60 hectáreas ou o Bosque de Xaz.
Do mesmo xeito, a protección do patrimonio arquitectónico e histórico (quintas, pazos, castros, etc.) fixo posible que o Concello sexa hoxe o propietario de múltiples edificios que, unha vez recuperados, serven á comunidade como espazos onde realizar actividades sociais e culturais.
Alternativa dos Veciños aposta por un desenvolvemento urbano sostido e sostible, deseñado para facilitar o acceso á vivenda dos sectores de poboación de rendas más baixas mediante unha oferta ampla de vivenda pública, en zonas de alta calidade urbana, dotadas con servizos, con equipamentos e espazos libres de calidade.
Para iso seguiremos calificando solo para a construción de vivendas de prezo protexido para a mocidade e as familias de menos recursos, dándolle prioridade ós veciños e veciñas de Oleiros. Seguiremos tamén controlando o solo para evitar a masificación, preservando o medio natural e protexendo a paisaxe do noso territorio.
Dentro destas actuacións, caben destacar a edificación de vivendas de prezo taxado, todas elas en solo municipal e destinando parte de este solo para a construción de vivendas de protección por parte de cooperativas veciñais.
Recoñecemos ademais que hai que limitar o crecemento urbano a costa do medio rural, levando a cabo programas de desenvolvemento dos asentamentos rurais e a protección do seu entorno natural e o valor ecolóxico da súa paisaxe.
Alternativa dos Veciños considera que a educación é un ben social que se debe garantir en condicións de igualdade para toda a cidadanía. Por iso, apostamos por un ensino obrigatorio, laico, público e gratuíto de calidade, con suficientes recursos, capaz de compensar as diferenzas sociais e as desigualdades de partida dos rapaces e rapazas do municipio e de formar persoas libres, creativas, críticas e instruídas.
Apostamos ademais por un sistema público de escolas infantís para o primeiro ciclo da etapa (0-3 anos) que sexa considerada como categoría educativa e non asistencial e que por tanto dependan da Consellaría de Educación en non da de Familia. Por isto o goberno de Alternativa dos Veciños propiciou a construción dunha rede municipal de escolas infantís en distintas zonas do Concello, cunhas instalacións de calidade, con servizos complementarios e con horarios flexíbeis co fin de que os pais e nais poidan conciliar a vida laboral coa familiar.
Seguiremos apostando por un sistema educativo de calidade, traballando en colaboración coa comunidade educativa (Profesorado, alumnado e Ampas), aportando recursos para actividades extraescolares e de tempo libre, aportacións económicas para a mellora dos equipamentos e infraestruturas, apoiando a implantación de novas tecnoloxías en tódolos centros e demandando da Xunta de Galicia novos centros educativos segundo sexa necesario, novos ciclos formativos, módulos profesionais, programas de garantia social e mellora dos centros actuais.
Desenvolveremos políticas de aproximación da Alternativa dos Veciños á xuventude co fin de que participen activamente na vida política, social e cultural do concello e para alentar a súa presenza nos órganos de dirección.
Promoveremos políticas de aproximación á problemática da xuventude, fomentando novos recursos de ocio e lecer, práticas deportivas, viaxes, etc.
Seguiremos fomentando a educación na rúaa, prácticas formativas e colaboración cos centros de ensino e asociacións de pais e nais, co fin de axudar a erradicar o vandalismo e as condutas incívicas.
A xuventude sempre foi unha prioridade para Alternativa dos Veciños; son os nosos mozos e mozas os herdeiros destes xa trinta anos de modélica xestión, do entorno natural privilexiado que se logrou conservar, dun urbanismo deseñado para que non teñan que abandoar o seu concello, duns servizos que cobren todas e cada unha das súas necesidades e os encargados de continuar co traballo comezado.
A xuventude, ese sector tan sensible a influencias negativas e tamén positivas, ocupou e ocupará un lugar predominante na política do noso grupo, establecendo programas formativos onde dar acollida a temas que sexan do seu interese, como a información sobre drogas, sexualidade, tecnoloxías, etc e organizando actividades para o seu tempo libre que lles axuden a formar unha personalidade libre, crítica, respectuosa cos seus semellantes, cooperante e cívica, capaz de transmitirlles valores como o respecto, o traballo, o esforzo, a constancia, tentando loitar por mellorar as relacións humanas e loitando contra o aillamento, un risco evidente do actual panorama tecnolóxico.
Para isto xa existen programas como Ocioleiros, creado para fomentar a convivencia entre os nosos xoves e unha forma de ocio alternativa á habitual das noites do fin de semana. Con este fin, organizanse excursións para este sector de idade onde destaca o coñecemento de entornos naturais e monumentais, promovendo unha formación ecolóxica e cultural.
Así mesmo, seguiremos fomentando a programación de cursos para axudar á inserción laboral da xente nova a través do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, o primeiro das súas características creado en toda Galicia.
O capítulo cultural foi sempre, e seguirá sendo, unha das prioridades de acción de goberno de Alternativa dos Veciños para favorecer a calidade de vida da cidadanía. Cabe destacar a creación dunha rede de bibliotecas -posiblemente a máis ampla de Galicia considerando o número de volumes por persoa-, onde se levan a cabo unha serie de actividades como tertulias literarias, conferencias, charlas, lectura de contos, concurso de contos e narracións, teatro, etc.
Tamén hai que destacar a colaboración coa Universidade da Coruña á que se lle ceden espazos e equipamentos como o Pazo de Lóngora e se consolida a sede do INEF en Bastiagueiro.
Asemade como proba da preocupación pola educación ambiental, a investigación e o intercambio científico cabe destacar a cesión do Castelo de Santa Cruz para sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) mediante un convenio de colaboración coa Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña.
Defendemos o acceso libre á cultura e unha política cultural tendo en conta a nosa realidade social, lingüística e cultural, que teña como eixo básico, as tradicións, o folclore e a música popular, a artesanía e o patrimonio paisaxístico, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico e histórico-artístico.
Fomentaremos, como vimos facendo, a promoción dunha cultura plural e participativa que fomente a construción dunha cidadanía solidaria, sensible, culta, crítica e participativa; unha cultura universalista aberta a todos os públicos e ao servizo da transformación social e a difusión dos valores máis positivos do ser humano.
Seguiremos por tanto organizando actividades culturais, axeitadas para os diferentes públicos, coa participación activa dos veciños e veciñas e das numerosas entidades veciñais e culturais, que son en definitiva os auténticos protagonistas da vida cultural de Oleiros. Dentro deste fomento á cultura cabe destacar a creación das Escolas Municipais de Danza, Teatro e Música de Oleiros.
Alternativa dos Veciños entende que as atividades fisico-deportivas e o estilo de vida activo son un elemento esencial para o desenvolvemento da cidadanía, para elevar a forma física e a saúde, a cohesión social e para lograr maiores niveis de calidade de vida e benestar.
Entendemos que a prática deportiva é un dereito que deben garantir os poderes públicos, de maneira que os concellos teñen que prestar uns servizos básicos co fin de garantir unha sociedade de benestar, fomentando a actividade física en todos os tramos de idades e dispoñendo de equipamentos deportivos axeitados e asequibles economicamente para todas e todos. Boa mostra disto é o programa “Oleiros en forma”, orientado á saúde e a prevención de diversas patoloxías, a través da actividade física.
Propoñemos un modelo de deporte orientado a todos ós públicos, un deporte para todos e para todas, con contidos culturais e sociais que cheguen a todas as persoas do territorio, que aumente a participación e a solidariedade dos cidadáns de Oleiros e que promova ademais outros valores asociados como a igualdade de sexos e razas ou o respecto á natureza.
Un modelo de deporte sen barreiras, un deporte para integración daqueles colectivos que teñan dificultades e un deporte dirixido tamén ás persoas adultas e da terceira idade con modalidades que teñan en conta a idade e o estado fisico.
Desenvolveranse novas infraestruturas deportivas municipais e de ocio acordes aos tempos, ás demandas e ás necesidades da poboación oleirense. As infraestruturas deportivas abranguen prácticamente todos os deportes tanto ao aire libre como baixo cuberta ou relacionados co mar, distribuidos por todas as parroquias do concello ou en puntos de referencia para o acceso das persoas usuarias.
Desde a creación da Alternativa dos Veciños un dos seus sinais de identidade foi a preocupación polo benestar social, afrontado visións de forma integral desde as políticas educativas, culturais, de saúde, de emprego, vivenda, participación cidada, xuventude, inmigración, etc., polo que se puxo o máximo empeño en desenvolver uns servizos sociais fortes, dinámicos e asumindo incluso competencias doutras Administracións.
Seguiremos levando a cabo por tanto unha política que potencie os servizos sociais como un dereito básico da cidadania, que promova a igualdade social e combata a marxinación, co obsectivo de chegar á poboación dun xeito universal e co fin de facerlle fronte a problemas como a atención primaria, axuda domiciliaria, discapacidades fisicas e psíquicas, terceira idade, minorias étnicas, inmigración e retornados, problemática escolar, residencias, rehabilitación física e social, programas do prevención, asistencia e reabilitación de drogodependentes, etc.
Afirmamos ademais que a chave da xustiza social é a distribución equitativa dos recursos co fin de asegurar as necesidades básicas do ser humano e para que tódolos cidadáns do mundo teñan as mesmas oportunidades para o seu desenvolvemento persoal e social.
Tamén queremos que Oleiros sexa un punto de referencia na solidariedade internacional, para que os cidadáns doutros lugares do mundo melloren o seu nível de vida e dispoñan dos dereitos básicos, polo que participaremos activamente, como d estamos a facer, nos Fondos de Cooperación Internacional e mediante o compromiso coas políticas sociais xustas que combaten a discriminación, promoven a cultura en todas as sulas manifestacións e contribuem a um desenvolvemento sustentable.
No ámbito económico, Alternativa dos Veciños aposta a favor de políticas de maior distribución e igualdade entre os seres humanos como modo de impulso da economía, para crear emprego e mellorar as condicións de vida da poboación mundial.
A redistribución da riqueza, os sistemas reequilibradores da renda, o control democrático dos capitais e o sometemento da economía ao interese xeral son as bases do noso plantexamento económico.
Optamos por tanto por unha economía contida no gasto global dos recursos escasos, capaz de controlar o consumismo e non baseada na competitividade absurda, na avaricia e no crecente deterioro das condicións laborais.
Queremos que as persoas económicamente más poderosas aporten a mesma proporción das súas rendas que as menos poderosas, para que todas teñan acceso a unha parte xusta e suficiente dos recursos e desexamos que o concepto de riqueza estea máis ligado cara a calidade e o goce da vida en lugar de orientalo cara a capacidade de gasto.
Defendemos por tanto un desenvolvemento económico sustentábel que opte pola reutilización e o reciclado dos materiais, que poña especial énfase nas actividades que melloren a calidade de vida e as relacións humanas, non no consumo esaxerado de mercadorías, que promova industrias de proximidade e menos contaminantes e novos postos de traballo cun mellor entorno laboral e unha maior calidade de vida.
Nos últimos anos a distribución da renda a nivel mundial fixose más desigual incidindo de forma notable no modelo de crecemento económico, aumentando a desigualdade global e a desigualdade das rendas dentro da maioría dos países e mesmo entre os países e rexións, aumentando a fenda entre pobres e ricos, o empeoramento das condicións de vida das grandes masas de poboación, a depredación dos recursos, a contaminación dos mares, a polución atmosférica e a conseguinte destrución dos ecosistemas.
Simpatizamos e apoiamos as opcións críticas ao neoliberalismo económico e ás políticas neoliberais que imperan actualmente en Galicia e no resto do mundo, expresadas normalmente nos Foros Sociais e nos exemplos dos países que planifican a súa economía pensando máis no benestar e o progreso da totalidade dos seus habitantes, que en que as minorías que detentan o poder económico incrementen a súa riqueza en detrimento da maior parte da poboación.
A pesar das escasas competencias que teñen os municipios no ámbito económico, Alternativa dos Veciños destina importantes esforzos organizativos e materiais para amortecer os efectos que a competitividade ten sobre un gran número de persoas que se atopan en situación de desemprego.
Seguiremos apoiando e fomentando o crecemento empresarial, con novos parques e áreas comerciais, que non impliquen unha ameaza para a natureza e a calidade de vida acadada no noso territorio, potenciando as actividades terciarias derivadas do ocio, o turismo e a hostaleria, o comercio, o medio ambiente, e os servizos de atención persoal, ao sector pesqueiro, marisqueiro e a acuicultura.
Seguiremos fomentando a creación de emprego a través do Centro Municipal de Formación e Emprego “Isaac Díaz Pardo” e outras plataformas como coworking ou equipamentos para emprender. Tamén promovendo programas de formación para que os mozos e maiores en situación de desemprego aprendan un oficio e amplíen as súas posibilidades de colocación.