Desde o ano 1979 gobernamos o Concello de Oleiros cunha política honesta e eficiente que permite que os veciños do municipio gocen dos maiores niveis de benestar e servizos públicos de toda Galicia.
Tamén gobernamos desde 2019 o Concello de Carral e na actualidade tamén o de Fisterra. Cogobernamos no municipio de Bergondo e estamos presentes nos concellos de Cambre, Culleredo, Arteixo e Cangas do Morrazo.
Ademais contamos cun deputado na Deputación da Coruña, onde malia non gobernar estamos a mudar moitas das políticas que se levaban a cabo ata a nosa chegada.