Que é a Alternativa dos Veciños?
Unha plataforma democrática que creou a veciñanza de Oleiros ao final dos anos 70 do século pasado para evitar que os partidos políticos tradicionais xogaran co futuro do noso concello, especialmente coa invasión inmobiliaria desordenada e a especulación.
Organizáronse as Asociacións de Veciños e tomaron as rendas municipais presentándose ás eleccións e revalidando a maioría en cada proceso.
Desde aquela, nova veciñanza vai incorporándose ao proceso participativo e ás iniciativas políticas que se poñen en marcha, pensando únicamente no interés das persoas e nun mundo máis xusto e equilibrado.
Actualmente, Alternativa é un fenómeno que se extende á área metropolitana da Coruña e incluso a outros concellos onde hai representantes públicos que comparten os nosos principios e os fundamentos da nosa política.