Na Deputación da Coruña
Grazas aos resultados eleitorais obtidos nos concellos, que situaron á nosa forza política como a cuarta de Galicia, temos representación na Deputación da Coruña.
Ter presencia neste organismo é especialmente relevante, pois nel tómanse decisións que afectan á vida das persoas e a importantes equipamentos e infraestruturas locais.
O presidente da Alternativa e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, é a nosa voz na Corporación Provincial, onde defende con tesón os intereses de toda a cidadanía.
Tamén é a voz dos municipios con goberno Alternativa ou onde o partido ten representación, e visibiliza os problemas que se detectan nos gobernos locais onde os nosos concelleiros e concelleiras exercen a oposición.