OUTROS CONCELLOS

Levamos máis de 40 anos gobernando o concello. Cun forte apoio da cidadanía, seguimos a avanzar nas políticas sociais transformadoras e na consolidación duns servizos públicos de máxima calidade.

A actual Alternativa dos Veciños nace en Oleiros ao principio dos anos 80 do século pasado, cando as asociacións de veciños do municipio comezan a unirse para tratar de gobernar o municipio directamente.

Querían facelo ao marxe dos partidos políticos, que eran vistos pola xente como correas de transmisión de intereses alleos á veciñanza. 

A motivación máis importante era facer fronte ás ameazas da brutal urbanización que estaba practicándose xa en Santa Cristina, Perillo e Santa Curz, sobre todo, época da que aínda existen pegadas elocuentes.

Nacía así a que en principio se denominou Candidatura dos Veciños, un movemento verde que se negaba ao embrutecemento da paisaxe e á suburbanización dos distintos pobos do municipio.

Ao longo do tempo foi gobernando o municipio de Oleiros de xeito ininterrompido, ás veces formando gobernos con outras forzas de esquerda, e a maioría das veces en solitario grazas ao apoio cidadá por maioría absoluta.

Na actualidade a Alternativa ten no Concello de Oleiros 13 concelleiros, o que supón a maioría absoluta da Corporación.

Alternativa dos Veciños ten a responsabilidade de ostentar a alcaldía de Oleiros desde as primeiras elecións democráticas, algunhas veces por maioría absoluta e outras en coalición con outros partidos.

Ángel García Seoane Alcalde de Oleiros alcaldia@oleiros.org

Mª José Varela Neira Primeira tenenta de alcalde e concelleira de Interior, Economía e Facenda, Urbanismo, Sanidade e Consumo. Voceira do Grupo Municipal Alternativa dos Veciños Oleiros m.varela@oleiros.org

Margarita Figueroa Vázquez Segunda tenenta de alcalde e concelleira de Participación Cidadá, Cooperación, Seguridade cidadá e Recursos Humanos m.figueroa@oleiros.org

Pablo Cibeira Taboada Terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade, Comunicación e Novas Tecnoloxías da Información p.cibeira@oleiros.org

Antonio Molinos Marcote Cuarto tenente de alcalde e Concelleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente, Servizos Municipais e Parques e xardíns a.molinos@oleiros.org

Teresa Vázquez Maseda Quinta tenenta de alcalde e concelleira de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego t.vazquez@oleiros.org

Belén Taboada Casal Sexta tenenta de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade b.taboada@oleiros.org

Mª José Santos Zas Sétima tenenta de alcalde e concelleira de Cultura, Normalización lingüística, Ensino e Xuventude m.santos@oleiros.org

Sandra Fernández Fernández Concelleira delegada de Economía, Facenda e Contratación s.fernandez@oleiros.org

Jaime Rumbo Mosquera Concelleiro delegado de Servizos Municipais j.rumbo@oleiros.org

Rosa Mª Méndez Gómez Concelleira delegada de Parques e Xardíns r.mendez@oleiros.org

Ramón Maceira Giadanes Concelleiro delegado de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude r.maceira@oleiros.org

Outros correos:

Información xeral info@alternativadosvecinos.org

Comunicación comunicacion@alternativadosvecinos.org

Na web municipal de Oleiros tes moita máis información sobre as nosas políticas públicas.

Link á web municipal

Últimas novas de Oleiros