Aviso Legal

Alternativa dos Veciños como responsable de este sitio web, pon a disposición das persoas usuarias o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), en particular, conforme ao disposto no seu artigo 10, este sitio web ofrece ás persoas usuarias ou destinatarias do servizo e aos órganos competentes, a seguinte información de forma permanente, sinxela, directa e gratuíta:

  • Titular do sitio web: Alternativa dos Veciños
  • N.I.F.: G-15323355
  • Domicilio a efectos de notificacións: Rúa Antonio Maceo, 3; CP: 15179 – Oleiros- A Coruña
  • Enderezo electrónico a efectos de notificacións: info@alternativadosvecinos.org
  • Nome do dominio web: alternativadosvecinos.org
  • Réxime de autorización administrativa previa: A actividade desenvolta a través da presente páxina web non está suxeita a un réxime de autorización administrativa previa (artigo 6 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI)).

Responsabilidade sobre o contido:

Alternativa dos Veciños non é responsable de calquera dano directo ou indirecto que poida ocasionar a exactitude, integridade ou veracidade de dita información, así como tampouco do uso do contido ou elementos deste sitio web.

Responsabilidade sobre enlaces e información de terceiros:

Alternativa dos Veciños declara que poderá incluír información sobre terceiros de modo que complemente a información dos seus servizos.

En cumprimento do artigo 17 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), a presente páxina web declara que non ten responsabilidade sobre os enlaces facilitados a outros contidos ou que inclúan nos seus directorios ou instrumentos de procura de contidos: excepto teña coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remiten ou recomendan é ilícita ou de que lesiona bens e dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización, ou actúe con dilixencia para suprimir ou inutilizar o enlace correspondente.

Responsabilidade polo funcionamento do sitio web:

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. Non obstante, Alternativa dos Veciños non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior que fagan inaccesible a páxina web.

Condicións de utilización do sitio web:

A utilización do sitio web ou a súa navegación non implica a obriga de inscrición rexistro do usuario, esta só será necesaria para a solicitude de información. As condicións de acceso e uso do sitio web de Alternativa dos Veciños réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario a realizar un bo uso do sitio web. Quedan por tanto prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros.

Finalidade do sitio web:

A finalidade deste sitio web é a de informar sobre a actividade do grupo Alternativa dos Veciños.

Propiedade Intelectual

Alternativa dos Veciños é titular dos dereitos de propiedade intelectual sobre os contidos ou elementos deste sitio web, ou dispón dos permisos necesarios para o seu uso. Calquera acción que implique a reprodución, comunicación pública, distribución ou transformación, así como calquera outra forma de explotación económica de todo ou parte de ditos contidos ou elementos, realizado baixo calquera forma ou mediante calquera medio, requirirá o consentimento previo e por escrito de Alternativa dos Veciños, salvo que o usuario poida acreditar de modo fidedigno dispoñer do correspondente dereito de propiedade intelectual ou da habilitación necesaria.

Para realizar calquera observación ao respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do seguinte enderezo electrónico info@alternativadosvecinos.org.

Aceptación e modificacións no aviso legal:

Alternativa dos Veciños poderá realizar cantas modificacións considere necesarias sobre o contido deste sitio web sen previo aviso, tanto no referente á información como a calquera outro elemento que forme parte deste. O contido deste sitio web é informativo, polo que Alternativa dos Veciños non outorga garantía algunha sobre a exactitude, integridade ou veracidade da información, propia ou de terceiros, contida neste sitio web. As persoas usuarias que desexen solicitar información a través da presente páxina web deberán ler e aceptar o disposto no presente aviso legal.

Tribunal Competente e Lei aplicable

Ante calquera discrepancia xurdida pola información ofrecida por Alternativa dos Veciños Terán competencia os Xulgados e Tribunais da cidade de A Coruña, sempre e cando estea permitida esta submisión expresa, salvo que corresponda outro foro pola condición de consumidor da persoa usuaria.