Política de privacidade

POLITICA DE PRIVACIDADE

INTRODUCIÓN

A presente Política de Privacidade foi desenvolta tendo en conta o disposto polo Reglamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas e no que respecta ó tratamento de datos persoais e á circulación dos mesmos, de aquí en diante o RGPD. 

Esta Política de Privacidade ten por obxecto poñer en coñecemento dos titulares dos datos persoais, respecto dos cales se está recollendo información, os aspectos específicos relativos ao tratamento dos seus datos, entre outras cousas, as finalidades dos tratamentos, os datos de contacto para exercer os dereitos que lle asisten, os prazos de conservación da información e as medidas de seguridade entre outras cousas.

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

  • Responsable do tratamento: Alternativa dos Veciños 
  • Enderezo postal: Rúa Antonio Maceo, 3; CP: 15179 – Oleiros- A Coruña
  • Enderezo electrónica: info@alternativadosveciños.org

DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

Alternativa dos Veciños, ten externalizados os servizos vinculados á condición de delegado de protección de datos en Norquality Consultores, S.L., cuxo dato de contacto é: protecciondedatos@norquality.es.

PRIVACIDADE E CALIDADE DA INFORMACIÓN

Os datos de carácter persoal, obxecto de tratamento pola entidade non só a través da web senón en calquera das súas actividades, consistirán en aqueles estritamente imprescindibles para as finalidades para as que se recolleron en cada caso e que se identifican máis adiante. Dita información será tratada de xeito leal, lícita e transparente en relación có interesado. Por outra banda, os datos persoais serán recollidos para finalidades determinadas explícitas e lexítimas, non sendo tratados ulteriormente de maneira incompatible con ditos fins. 

Os datos recollidos de cada interesado serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación ás finalidades correspondentes para cada caso, e serán actualizados sempre que sexa necesario. 

O titular dos datos será informado, con carácter previo á  recollida dos seus datos, dos extremos xenerais regulados nesta política co fin de que poida prestar o consentimento expreso, preciso e inequívoco para o tratamento dos seus datos, conforme ós seguintes aspectos.

FINALIDADES DO TRATAMENTO E LEXITIMACIÓN

As finalidades explícitas, para as cales se levan a cabo cada un dos tratamentos, veñen recollidas nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou carteis e notas informativas).

Non obstante, os datos de carácter persoal do interesado serán tratados para cada unha das seguintes finalidades:

  • Xestión de candidatos a primarias:
    • Envío de comunicacións por calquera vía (postal, telefónica o electrónica), relativas á publicación, información sobre actividades (asembleas, mitins, coloquios…), invitacións a eventos, ou calquera outra información ou documentación relacionada coas actividades estatutarias de Alternativa dos Veciños. 
    • Tratamento da imaxe e voz, así como outros datos identificadores, en presentacións, eventos, papeletas, publicacións e intervencións en calquera medio con motivo de promoción da agrupación. 
  • Xestión de simpatizantes:
    • Envío de comunicacións por calquera vía (postal, telefónica o electrónica), relativas á publicación, información sobre actividades (asembleas, mitins, coloquios…), invitacións a eventos, ou calquera outra información ou documentación relacionada coas actividades estatutarias de Alternativa dos Veciños. 
    • Tratamento da imaxe de forma accesoria en publicacións informativas relativas  a eventos ou mitins realizados. 
  • Xestión do censo electoral:
    • Envío de comunicacións informativas relativas ao programa electoral de Alternativa dos Veciños durante o período electoral. 
  • Xestión de persoal:
    • Xestión da contratación de persoal profesional, o que inclúe, xestión de percepcións salariais, de recursos humanos e de prevención de riscos laborais.
  • Xestión de proveedores:
    • Xestión de servizos prestados por proveedores externos.
  • Xestión de usuarios web:
    • Atención a consultas, suxestións, recomendacións ou queixas expostas polos usuarios a través do sitio web. 

Convén ter en conta que, Alternativa dos Veciños, non recolle datos persoais relativos ás opinións políticas dos cidadáns co obxecto de realizar perfilados e adaptar así a súa campaña a ditos perfiles ideolóxicos. 

LEXITIMACIÓN

Por regra xeral, previo ó tratamento dos datos persoais, Alternativa dos Veciños obtén consentimento expreso e inequívoco do titular dos mesmos, mediante a incorporación de cláusulas de consentimento informado nos diferentes sistemas de recollida de información, fundamentalmente no que se refire á xestión de candidatos, simpatizantes, persoal, usuarios web e proveedores.

Non obstante, en caso de que non se requira o consentimento do interesado, a base lexitimadora do tratamento na cal se ampara Alternativa dos Veciños é a existencia dunha lei ou norma específica que autorice ou esixa o tratamento dos datos do interesado, como é o caso do emprego do censo electoral durante a campaña ou o tratamento de imaxes tendo en conta o artigo 8.2 da Ley 1/1982 (tratamentos accesorios ou cargos públicos ou notorios).

DESTINATARIOS

Por regra xeral, Alternativa dos Veciños non procede á cesión ou comunicación dos datos a terceiras persoas, salvo as necesarias legalmente, non obstante, en caso de que fose necesario, ditas cesións ou comunicacións de datos infórmanse ó interesado a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de datos persoais, como por exemplo, a publicación de imaxes, voz ou datos identificadores, a través de medios de comunicación social, relativo ás imaxes ou vídeos tomados durante eventos, actividades ou mitins, levados a cabo pola agrupación política. 

PROCEDENCIA

Por regra xeral, os datos persoais recóllense sempre directamente do interesado, non obstante, en determinadas excepcións, os datos poden ser recollidos a través de terceiras persoas, entidades ou servizos diferentes do interesado. Neste sentido, este extremo será trasladado ó interesado a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes  vías de recollida de información e dentro dun prazo razoable, unha vez obtidos os datos, e a máis tardar dentro dun mes.

PRAZOS DE CONSERVACIÓN

A información recollida do interesado será conservada mentres sexa necesaria para cumprir coa finalidade para a cal foron recollidos os datos persoais, de xeito que, unha vez cumprida a finalidade os datos serán cancelados.

Dita cancelación poderá dar lugar ó bloqueo dos datos conservándose unicamente a disposición das AAPP, Xuíces  e Tribunais, para atendelas posibles responsabilidades nacidas do tratamento, durante o prazo de prescrición destas, cumprido o citado prazo se procederá á destrución da información.

A título informativo, a continuación, recóllense os prazos legais de conservación da información en relación a diferentes materias:

DOCUMENTO PRAZO REF.  LEGAL
Documentación de carácter laboral ou relacionada coa seguridade social  4 anos Artigo 21 do Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na  Orde Social
Documentación contable y fiscal a efectos mercantís 6 anos Art. 30 Código Comercio
Documentación contable y fiscal a efectos fiscais 4 anos Artigo 66 a 70 Lei Xeral Tributaria
Control de accesos a edificios 1 mes Instrución 1/1996 da AEPD
Videovixiancia 1 mes Instrución 1/2006 da AEPD

Lei Orgánica 4/1997

Convén ter en conta que os datos persoais engadidos no censo electoral, serán suprimidos unha vez finalizado o período electoral.

DATOS DE NAVEGACIÓN.

En relación aos datos de navegación que se poidan tratar a través do sitio web, no caso de que se recollan datos sometidos ´á normativa, recoméndase consultar a Política de Cookies publicada no noso sitio web.

DEREITOS DOS INTERESADOS.

A normativa en materia de protección de datos outorga unha serie de dereitos aos interesados ou titulares dos datos, usuarios do sitio web ou usuarios dos perfís das redes sociais de Alternativa dos Veciños.

Estos dereitos que asisten ás persoas interesadas son os seguintes:

  • Dereito de acceso: dereito a obter información sobre se os seus propios datos están sendo obxecto de tratamento, a finalidade do tratamento que se esté a levar a cabo, as categorías de datos que se trate, os destinatarios ou categorías de destinatarios, o prazo de conservación e a orixe de ditos datos.
  • Dereito de rectificación: dereito a obter a rectificación dos datos persoais inexactos ou incompletos.
  • Dereito de supresión: dereito a obter a supresión dos datos nos seguintes supostos:
    • Cando os datos xa non sexan necesarios para a finalidade para a cal foron recollidos.
    • Cando o titular dos mesmos retire o consentimento.
    • Cando o interesado se opoña ó tratamento.
    • Cando deban suprimirse en cumprimento dunha obrigación legal.
    • Cando os datos se obteñan en virtude dun servizo de sociedades da información en base ao disposto no art. 8 apdo. 1 do Reglamento Europeo sobre Protección de datos.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse a un determinado tratamento baseado no consentimento do interesado.
  • Dereito de limitación: dereito a obter a limitación do tratamento dos datos cando se dalgún dos seguintes supostos:
    • Cando o interesado impugne a exactitude dos datos persoais, durante un prazo que permita á empresa verificar a exactitude dos mesmos.
    • Cando o tratamento sexa ilícito e o interesado se opoña á supresión dos datos.
    • Cando a empresa xa non necesite os datos para os fins para os que foron recollidos, pero o interesado os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
    • Cando o interesado se opoña ó tratamento mentres se verifica se os motivos lexítimos da empresa prevalecen sobre os do interesado.

Os interesados poderán exercitar os dereitos indicados, dirixíndose a Alternativa dos Veciños, mediante escrito, remitido ó seguinte enderezo: info@alternativadosveciños.com indicando na liña de Asunto o dereito que desexa exercitar.

Neste sentido, Alternativa dos Veciños atenderá a súa solicitude á maior brevidade posible e tendo en conta os prazos previstos na normativa en materia de protección de datos.

Por outra parte, convén ter en conta que o interesado ou titular dos datos poderá en todo momento presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente.

SEGURIDADE

As medidas de seguridade adoptadas por Alternativa dos Veciños. son aquelas requiridas, de conformidade có establecido no artigo 32 do RGPD. Neste sentido, Alternativa dos Veciños, tendo en conta o estado da técnica, os costes de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así coma os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade de acordo ó risco existente.

En todo caso, Alternativa dos Veciños ten implementados os mecanismos suficientes para: 

  1. Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
  2. Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida, en caso de incidente físico ou técnico.
  3. Verificar, avaliar e valorar, de forma regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
  4. Seudonimizar e cifrar os datos persoais, no seu caso.