A iniciativa de Alternativa dá luz verde a un espazo de encontro para a mocidade en Vilaboa
O pleno aprobou iniciar os trámites para converter o “quiosco” abandonado da Praza da Igrexa, en Vilaboa, nun novo espazo de encontro para a xuventude.
O pleno aprobou iniciar os trámites para converter o “quiosco” abandonado da Praza da Igrexa, en Vilaboa, nun novo espazo de encontro para a xuventude.
O cruceiro xa loce na súa localización habitual despois dos traballos de restauración necesarios a consecuencia dun sinistro de tráfico.
Alternativa presentou unha moción ao pleno sobre o afogo financeiro que sofre o Concello por asumir os custos dos Servizos derivados da Lei de Dependencia e os de Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que, a pesar de ser responsabilidade do goberno autonómico, non está a realizar a correspondente achega económica.
O grupo municipal denuncia que o portal de transparencia do Concello de Cambre, así como a páxima web municipal permanecen sen actualización dende o inicio do actual mandato, no 2023.
O goberno autonómico incorporou, tras anos de reivindicación, o itinerario “Mariñán”, unha antiga ruta de peregrinación a Santiago que atravesa os Concellos de Sada, Bergondo e Betanzos entre os oito “itinerarios culturais de interese autonómico”.
A corporación de Culleredo acadou un acordo para esixir á Xunta de Galicia a elaboración e posta en marcha dun plan de choque para o reforzo do profesorado de Pedagoxía Terapeútica (PT) e de Audición e Linguaxe (AL) nos Centros Públicos de Culleredo co obxectivo de dar resposta ás necesidades reais do alumnado.
As continuas borrascas rexistradas este inverno provocaron danos en camiños, estradas, e tamén no paseo fluvial ao longo do río Mero. A senda e as zonas de aparcadoiro, que xa presentaban deficiencias antes das choivas, atópanse agora nun estado qeu require actuacións urxentes de reparación e mantemento.
No pasado pleno, Alternativa dos Veciños trasladou a súa preocupación pola situación actual da área de Servizos Sociais, concretamente solicitando información sobre a lista de espera no Servizo de Axuda no Fogar, así como en que punto están as ordenanzas.
Alternativa dos Veciños trasladou ao goberno municipal as queixas da veciñanza de Sumio polas consecuencias das recentes labores de tala na zona do Xalo.
As actuacións de reurbanización realizadas na Rúa Alcalde Domingo Sierra realizada, financiadas pola Deputación de A Coruña dentro do Plan Único de Concellos 2024 (POS+), non se axusta ao proxecto aprobado e presentan deficiencias técnicas.