Finaliza a restauración do Cruceiro da Obra de Paño

O cruceiro xa loce na súa localización habitual despois dos traballos de restauración necesarios a consecuencia dun sinistro de tráfico.


A intervención foi executada baixo avaliación arqueolóxica por unha empresa especializada en restauración patrimonial, garantindo o respecto polos elementos orixinais e pola súa integridade histórica.

Procedeuse tamén á retirada da cimentación dun antigo poste de formigón que permanecía dende hai anos na base do monumento, aproveitando a presenza do persoal técnico especialista.

A recuperación do cruceiro supón un paso importante na conservación dos elementos tracicionais e da identidade cultural do municipio.

Comparte esta nova!