Finalizadas as obras na contorna do Monasterio de San Salvador

A actuación permitiu o acondicionamento de marxes na Travesía de San Cidre e o acceso ao Monasterio de San Salvador

Esta segunda fase da obracontou cun investimento de 298.726,05 euros dentro do Plan único de Obras e Servizos(POS+ adicional 2/2024) da Deputación de A Coruña e con financiación municipal.

A veciñanza xa pode distrutar desta transformación da contorna do Mosteiro, que aposta por unha maior funcionalidade e accesibilidade, humanizando a zona e reforzando a seguridade viaria.

Os traballos incluíron o acondicionamento das marxes de dúas estradas municipais e inmediacións do Mosteiro, facilitando o transito de peóns. Tamén se actualizó a rede de pluviais, e urbanizaronse os viais de acceso ao cemiterio e na reorganización do aparcadoiro.

Alternativa celebra o fin desta obra que responde á liña de compromiso cunha mobilidade máis segura, accesible e adaptada á veciñanza, ademáis de poñer en valor espazos de relevancia patrimonial do municipio.

Comparte esta nova!