Unha planta de residuos industriais, con dúas chimeneas de gran altura e emisión de gases contaminantes a escasos 540 metros do Portiño e os areais.
O Porto non pode converterse nun gran parque de empresas contaminantes con actividade fabril e industrial, que non son propias dunha dársena portuaria. Tal son os casos da planta de producción de amoníaco, planta de producción de hidróxeno, planta de triturado de residuos de carbón e fabricación de estructuras eólicas, entre outras.
Alternativa tamén presentou unha pregunta ao Pleno, demandando ao goberno municipal accións para a defensa dos dereitos da veciñanza e a súa saúde, solicitando a paralización cautelar do desenvolvemento dos proxectos mencionados.
Alternativa defende o freo en Arteixo ante estas actuacións, porque xa é un Concello cun territorio moi degradado e con altas cotas de contaminación atmosférica, unido ao forte deterioro das súas praias e zona costeira.