Sempre lembraremos aos culpables

As persoas que impulsaron a terrible masacre de Gaza non serán esquecidas.

“A historia non os absolverá”. Unha frase dedicada aos promotores do xenocidio palestino, Trump e Netanyahu, que o Concello de Oleiros publicaba estes días nun número especial do xornal La Opinión con motivo dos seus 25 primeiros anos de vida.

Hai precisamente 25 anos a ocupación de Palestina ía moi avanzada e tiña lugar a segunda intifada, unha protesta masiva contra os colonos israelís que roubaban terras e pobos enteiros, que exercían o terrorismo de estado, non facían ningún caso á ONU e se apropiaban do mapa deixando a poboación amoreada en Gaza, Cisxordania e Xerusalén leste.

Hoxe, co espellismo dunha interrupción da guerra, non podemos perder a perspectiva dos que foron os protagonistas e impulsores da terrible masacre sobre Gaza. Os dous mandatarios apoiados polo sionismo internacional pasarán á historia como criminais de guerra, pese a que o americano continuará facendo méritos para que os xubilados noruegueses que conceden o Nobel se fixen nel en próximos anos. Un feito bastante probable tras concederlle o de 2025 á golpista venezolana que apoia unha invasión estadounidense no seu propio país. Todo un brinde ao espíritu da paz…

O anuncio municipal complétase cunha relación de cifras relacionadas co xenocidio:

Máis de 200.000 persoas asasinadas, 2.000.000 persoas sen comida, medicamentos nin auga, 436.000 vivendas destruídas. O 94% dos hospitais atacados, o 61% dos centros médicos inoperativos, máis de 50 millóns de toneladas de cascallos que tardarán 20 anos en limparse; 85.000 toneladas de explosivos israelís, o 87,8% de Gaza sometido a ordes israelís de desprazamento forzoso, o 82% das instalacións de auga, saneamento ou hixiene, militarizadas por Israel.

Engade tamén que foron destruídos 2.308 centros educativos, garderías ou universidades, o 70% de todas as estruturas construídas, o 88% das empresas industriais ou comerciais e o 62% de toda a rede viaria (8 de cada 10 estradas).

Comparte esta nova!