A veciñanza de Pedra Loan continúa á espera
O camiño presenta un importante deterioro e conta cun proxecto de reparación dotado cunha partida no orzamento, pero a veciñanza continúa sen coñecer os prazos para a súa execución.
O camiño presenta un importante deterioro e conta cun proxecto de reparación dotado cunha partida no orzamento, pero a veciñanza continúa sen coñecer os prazos para a súa execución.
“ Estamos ante un servizo de atención directa á veciñanza paralizado. Mentres se avanzou en outras licitacións como o Rock in Cambre, seguimos sen coñecer a data exacta para o comezo das actividades.” sinalan dende Alternativa.
Alternativa reclamou continuidade para o proxecto de saneamento anunciado en Boedo e conseguiu o compromiso do goberno municipal de estudar as deficiencias de iluminación.
Tres novas actuacións en fase de licitación: a humanización e mellora da accesibilidade da vía da praia de Gandarío, a continuidade das beirarrúas na estrada de Cambre (AC-214 na zona de Corral da Igrexa)e a mellora na seguridade peonil, así como a prolongación da rede de saneamento en Guísamo
Alternativa traslada o seu apoio ao persoal do Concello de Cambre e ás súas lexítimas reivindicacións.
As redes sociais do alcalde foron o principal canal empregado para anunciar que Culleredo contará con 5 proxectos do plan Proxecta Paisaxe, promovido pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A veciñanza trasladou a necesidade de adoptar medidas como zona residencial para evitar o exceso de velocidade do tráfico rodado nos núcleos, así como estudar a implantación dun vial de sentido único en A Cerdeira.
O Concello de Cambre, a pesar de seguir cobrando á veciñanza o servizo de depuración de augas residuais, continúa a acumular débeda con Edar Bens, sobrepasando xa os 3 millóns de euros.
Alternativa dos Veciños fai unha convocatoria aberta para participar nas asembleas abertas que se celebrarán nas distintas parroquias do municipio ao longo do mes de outubro.
Na xuntanza abordaranse diferentes problemas activos da parroquia (Parque Ramón Barba, parques infantís, etc.) e se explicará o proceso de apertura do paseo da ría.