UxC atribúe a que non se logrou pagar a débeda dende o cambio na intervención municipal, no 2023. Cando o Concello de Cambre acumula impago de facturas dende o 2019.
UxC gobernou ata a súa dimisión en abril de 2025, sen aplicar o acordo plenario de 2018 que agora volven a presentar como a “solución máxica” para resolver a problemática e consisitía en liquidar a débeda sen aplicar o IVE.
UxC volveu a insistir en que a solución máis eficiente sería este acordo, a pesar de que durante o seu mandato non a aplicaron.
Por outra banda a insistencia de UxC chega despois de votar en contra dun cambio na ordenanza, que é a medida recomendada pola intervención e coa que concellos da contorna como Oleiros, Carral ou Arteixo regularizaron a situación dos pagos, cunha posterior firma de convenio.
Alternativa cuestiona porque UxC non aplicou este acordo durante os cinco anos posteriores a súa aprobación e porque agora insisten novamente en que é a solución, cando durante o seu mandato tiveron a oportunidade de facelo.