Alternativa aproveitou o pleno municipal para reclamar información concreta sobre as actuacións previstas, o seu alcance e o impacto que terán no municipio.
Dende o goberno municipal simplemente se limitaron a concretar as ubicacións dos mesmos:
– Dúas zonas forestais no Canabal que se pretenden unir.
– Rego das Xesteiras
– Un proxecto tamén da comunidade de montes de Castello.
– O proxecto arqueolóxico na ría do Burgo.
Alternativa demandou que se facilite por escrito a información completa sobre os cinco proxectos, co obxectivo de coñecer as actuacións previstas. O grupo considera que este tipo de iniciativas deben darse a coñecer a través dos canles oficiais do Concello, para que a veciñanza poida coñecer directamente as actuacións previstas no seu territorio.