A veciñanza de Pedra Loan continúa á espera

O camiño presenta un importante deterioro e conta cun proxecto de reparación dotado cunha partida no orzamento, pero a veciñanza continúa sen coñecer os prazos para a súa execución.

Alternativa expuxo as queixas veciñais ante a falta de información sobre o alcance do proxecto de reparación e os prazos previstos polo goberno municipal para a súa execución.

“Se hai unha partida económica prevista para a reparación do camiño, a veciñanza ten dereito a coñecer que actuacións se van a realizar e en que fase se atopa a tramitación do proxecto. Anunciar unha actuación sen facilitar información xera grande incerteza entre a veciñanza. ” sinalan dende Alternativa.

Comparte esta nova!