Setembro rematou e a veciñanza continúa sen o programa municipal de actividades

“ Estamos ante un servizo de atención directa á veciñanza paralizado. Mentres se avanzou en outras licitacións como o Rock in Cambre, seguimos sen coñecer a data exacta para o comezo das actividades.” sinalan dende Alternativa.

Alternativa reclamou novamente explicacións ante a falta de avances na licitación, xa que o Goberno Municipal anunciara a previsión de comezar as actividades despois do verán.

A ausencia do programa municipal deixa sen unha planificación estable de actividades para os diferentes grupo de idade, máis alá de eventos puntuais e programas de conciliación familiar. E está a caracterizar Cambre como o único municipio da contorna metropolitana nesta tesitura.

A situación está a resultar parcialmente cuberta grazas ao esforzo do tecido asociativo que están a ofertar diferentes propostas nos locais sociais das parroquias.

Comparte esta nova!