Sae a contratación a reforma integral da avenida Santa Cristina por 1,6 millóns

A remodelación da Avenida Santa Cristina, impulsada e demandada por Alternativa dos Veciños na Deputación provincial, será unha realidade nos próximos meses. Despois de 2 anos de trámites e atrasos no proceso de contratación, a Deputación ten aberta a licitación da obra. As xestións realizadas polo alcalde e deputado provincial, Ángel García Seoane, durante estes … Read more

O persoal técnico dá a razón ás denuncias de Alternativa en Cambre e Culleredo

Carencias de contratos, contratacións a dedo, pagos ilegais, festexos sen consignación orzamentaria, dádivas sen xustificación algunha a determinados traballadores, contratacións ilegais de persoal, irregularidades urbanísticas, etc… Estes asuntos foron denunciados ante a Fiscalía e o Tribunal de Contas de Galicia, que non tomaron medidas e simplemente aludían a mala xestión. Tiveron que ser as funcionarias … Read more

A Valedora do pobo rexeita as “intolerables” peticións do PP contra o dereito á información da cidadanía

A Valedora do pobo rexeitou e cualificou de “intolerables” as peticións do PP de Oleiros respecto á radio municipal e á participación do alcalde en programas de radio privadas. O PP de Oleiros pretendía que a Valedora do Pobo denunciara ao alcalde por unha suposta malversación por informar á veciñanza a través dos medios propios … Read more

O alcalde de Culleredo recoñece no pleno a súa neglixente xestión na contratación do Concello

Alternativa dos veciños de Culleredo leva varios anos manifestando a situación irregular na que se encontran os contratos dos servicios públicos no Concello. Vimos de celebrar un pleno extraordinario co que se pretende poñer fin a tal situación. O propio Alcalde, unha vez preguntado polos representantes de Alternativa dos Veciños a cerca dos motivos que … Read more

Prepotencia e vulneración das normas dos concelleiros do PSOE en Oleiros

Os concelleiros do PSOE están a alterar o normal funcionamento do plenos municipais de Oleiros. Á prepotencia coa que entraron na corporación súmase a súa vulneración das normas, que reinterpretan continuamente ao seu antollo para intentar confundir á veciñanza falando de falta de democracia. A demagoxia e o intento de manipulación é tal que chegan … Read more

Deputación aproba unha declaración en defensa de Palestina

A proposta de Alternativa dos Veciños, o pleno da Deputación da Coruña acordou por unanimidade unha declaración contra a violación dos dereitos humanos que se está a cometer contra a poboación civil en Palestina. Alternativa presentou unha moción que se converteu nunha declaración institucional ao admitir as modificacións propostas polo PP, PSOE e BNG. A … Read more

En apoio da marcha pola Casa Cornide

Alternativa dos Veciños súmase ás entidades comarcais que chaman a mobilizarse para reclamar a propiedade pública da Casa Cornide e que sairá o próximo sábado, 11 de novembro, ás 12 horas, da Praza de María Pita. Será a cuarta marcha cívica pola devolución dese histórico inmoble usurpado pola dictadura. O significado pazo urbano foi mercado … Read more