Prepotencia e vulneración das normas dos concelleiros do PSOE en Oleiros

Os concelleiros do PSOE están a alterar o normal funcionamento do plenos municipais de Oleiros. Á prepotencia coa que entraron na corporación súmase a súa vulneración das normas, que reinterpretan continuamente ao seu antollo para intentar confundir á veciñanza falando de falta de democracia.

A demagoxia e o intento de manipulación é tal que chegan a poñer en dúbida a capacidade e a legalidade do traballo dos funcionarios municipais cando fan os seus informes. Tamén minten descaradamente cando falan da persoa do alcalde, denominado coma “fechorías” o traballo honesto e capaz que desempeña.

Para poñer coto a tanto despropósito e prepotencia, o Goberno municipal procederá a modificar o regulamento orgánico municipal.

Comparte esta nova!