Carencias de contratos, contratacións a dedo, pagos ilegais, festexos sen consignación orzamentaria, dádivas sen xustificación algunha a determinados traballadores, contratacións ilegais de persoal, irregularidades urbanísticas, etc… Estes asuntos foron denunciados ante a Fiscalía e o Tribunal de Contas de Galicia, que non tomaron medidas e simplemente aludían a mala xestión.
Tiveron que ser as funcionarias responsables da administración local as que cansas de tantas irregularidades, as paralizaran; xa que se as seguiran “tragando” asumirían as responsabilidades xeradas polos políticos irresponsables.
A gravidade da situación é tal que concellos como Culleredo ou Cambre poden ter servizos paralizados tan importantes como os da limpeza viaria, xardinería de parques públicos… por estar sen contratos ou telos en precario desde hai máis de 10 anos, cando desde o 2016 é obrigatorio para todos os concellos sacar a concurso público este tipo de servizos, que ademais son dun custo elevadísimo, superando en moitos casos 1 millón de euros.
Tampouco vale dicir xa que os concellos non teñen técnicos para facer as bases dos concursos, cando si procederon a contratalos para temas de interese persoal e urbanístico de certa irregularidade.
Ante a situación, as propias empresas falan de parar a súa actividade, o que levará ao paro a moitos traballadores, nalgún caso ata 51 traballadores que van a ser sometidos a un ERE.
Alternativa dos Veciños seguirá traballando e denunciando as malas políticas de gobernos irresponsables. Por desgraza, non hai xestores, só programas e políticas mentireiras e caciquís.