Cando volverán as actividades a Cambre?

Dende Alternativa dos Veciños esixiranse no pleno previsións claras para resolver esta situación que, ademáis de afectar directamente á veciñanza, supón a interrupción dun servizo consolidado, cunha traxectoria de máis dunha década no concello.

Sen solución ao conflito laboral non hai desbloqueo

Alternativa lembra que a situación de crise ten a súa orixe na mala xestión do goberno de Unión por Cambre. Con todo, subliña, que este feito non exime ao actual goberno municipal da responsabilidade de dar pasos firmes nas negociacións, nin de garantir transparencia tanto coa veciñanza, os membros da corporación e o persoal municipal.