Alternativa ofrece asesoramento para acceder a subvencións e becas da Deputación

Alternativa dos Veciños ofrece un servizo de asesoramento á cidadanía, asociacións e deportistas para facilitar a tramitación das distintas axudas e bolsas convocadas pola Deputación da Coruña para o ano 2026.

O servizo estará dispoñible de luns a venres, en horario de de 9,00 a 14,00 horas, a través do 981 415 610, co obxectivo de ofrecer información práctica, resolver dúbidas e acompañar ás persoas interesadas durante o proceso de solicitude.

Este asesoramento abrangue tanto as subvencións de recente convocatoria dirixidas ao tecido asociativo para actividades de promoción económica como as bolsas para deportistas Olímpicos e Non Olímpicos, cuxas solicitudes se tramitan de forma telemática a través da plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña.

Desde Alternativa destacan a importancia de achegar a administración á xente e evitar que a complexidade burocrática sexa un obstáculo para acceder a recursos públicos.

Nos seguintes enlaces se poden consultar as bases de participación e convocatorias abertas:

SUBVENCIÓNS PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS NA PROVINCIA DA CORUÑA DURANTE O ANO 2026 (FO223/2026)

Bases / Convocatoria

SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES E ASOCIACIÓNS DE MULLERES DA PROVINCIA DE A CORUÑA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA NO ANO 2026. (DP0042A/2026)

Bases / Convocatoria

Axudas destinadas a becas para deportistas da provincia 2026 :

1.- DEPORTES OLÍMPICOS. (BDEP-Olímpicos/2026)

CONVOCATORIA / BASES

2.-DEPORTES NON OLÍMPICOS. (BDEP-Non olímpicos/2026)

CONVOCATORIA / BASES

Comparte esta nova!