Convocado o pleno extraordinario

Se celebrará o próximo 25 de xuño, ás 20 horas, o pleno solicitado por Alternativa para debater o proceso de implantación do Ciclo Formativo de Grao Básico en Mantemento de Vehículos no IES de Carral.

A sesión permitirá analizar a información sobre o proceso de implantación, abordando a participación da comunidade educativa e definir o posicionamento institucional do Concello no asunto.

Alternativa promoveu a convocatoria renunciando á asignación correspondente polas asistencias, tras a publicación da implantación da nova FP, co obxectivo de reclamar explicacións sobre o proceso.

O grupo considera que a ampliación da oferta formativa pode ser positiva se conta coa planificación e os recursos necesarios para garantir un ensino de calidade.

Comparte esta nova!