Alternativa dos Veciños de Carral reivindica o saneamento como prioridade urxente nas parroquias do municipio

No día de hoxe, a voceira do Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños de Carral mantivo unha reunión no Concello co Alcalde e os demais voceiros dos grupos políticos para abordar as actuacións previstas no POS 2026. Durante o encontro, Alternativa dos Veciños trasladou con claridade que o saneamento debe ser a actuación prioritaria en … Read more

A pesar da mala xestión do goberno, Alternativa apoia novas obras para Carral

O pleno extraodinario celebrado onte permitiu aprobar diferentes achegas da Deputación de A Coruña: por unha banda 66.327,18 € destinada a gastos sociais e pola outra obras do Plan Único de Concellos 4/2025 (POS+), que permitirán executar obras de creación de cunetas de formigón e canalización de pluviais en Soavila e a construcción dunha pista deportiva en San Vicente de Vigo.

Mellora de camiños en Bergondo

O pleno da Deputación de A Coruña da luz verde ao proxecto modificado da mellora camiños con aglomerado ou rego asfáltica en Ouces, Lubre, Bergondo, Moruxo, Babío, Rois e outros, co voto a favor de Alternativa.

A única Alternativa a cooperación

A veciñanza, a través das entidades, están a ter un papel conciliador no desbloqueo municipal. Mostra desto foi a reunión celebrada a pasada semana na que foron convocadas todas as asociacións locais e tamén as forzas políticas do municipio.