Bergondo sen novidades dos compromisos da Deputación

Na última visita institucional do presidente de Deputación, este comprometeuse coa veciñanza de San Paio (Guísamo) presente no encontro a impulsar avances en dúas cuestións relevantes para o municipio: a actuación na estrada DP0810 ao seu paso por “Villa Julia” e o estudo dunha solución para mellorar a seguridade peonil no túnel da autoestrada, coa posible implantación de semáforos.

Meses despois dese encontro, o Concello de Bergondo non ten novidades sobre avances en ningunha destas actuacións.

Dende Alternativa instan á Deputación a dar pasos concretos nestes compromisos. O grupo sinala que celebra o desbloqueo da situación en “Villa Julia”, pero considera necesario que se materialicen avances reais nas actuacións anunciadas.

Alternativa lembra tamén a preocupación da veciñanza polo problema de inseguridade viaria no túnel da autoestrada, unha situación que consideran urxente e que require medidas para mellorar a seguridade nese punto concreto.

Comparte esta nova!