Despois dun ano de espera, inician as obras na AC214

A actuación de renovación da vía AC214, anunciada o pasado ano pola Xunta de Galicia, deu comezo onte no treito de Bergondo, polo que se prevé que a intervención no tramo de Cambre se execute nas próximas datas.

Dende Alternativa denunciouse en numerosas ocasións o estado de deterioro da vía e a falta de seguridade viaria e peonil, especialmente no cruce na Rúa Castellana á altura da Biblioteca municipal.

Segundo a información que anunciou a Xunta de Galicia a intervención incluirá unha intervención máis profunda nas zonas máis deterioradas, e no resto un recrecido do firme para a regularización da superficie. Ademais, a actuación completarase coa nova sinalización horizontal e a reposición das barreiras de seguridade necesarias.

Alternativa dos Veciños confia que esta obra chegue canto antes a Cambre e contemple integramente todas as demandas veciñais trasladadas polo grupo.

Comparte esta nova!