Alternativa dos Veciños pide ao Goberno do Estado que pause o seu acordo co BNG sobre o bypass de Infesta para estudar con calma a alternativa presentada por Bergondo
A alternativa 5S presentada polo Concello é moito menos daniña para Cortiñán, a diferenza da 6, a defendida polo Ministerio de Transportes; a cal faría un estrago considerable en parte desa parroquia e hipotecaría o futuro da mesma.