A actual crise insitucional que atravesa o Concello de Cambre tras a dimisión do seu alcalde víase vir desde hai algún tempo, debido ás múltiples irregularidades que rexistraba a súa xestión a bordo da alcaldía.
Tal como denunciou Alternativa dos Veciños en varias ocasións, a escasa observación das normas e os procedementos legais ao marxe da necesaria formalidade burocrática deron como resultado o abandono do primeiro edil, cando non puido soportar máis o caos que o acompañaba.
Xa o dixo Alternativa en Cambre
Cando Alternativa advertía de procederes pouco ortodoxos, foi tachada de “destructiva”, pero agora demóstrase que non falabamos por falar, como dixo o presidente da formación, Ángel García Seoane, nunha intervención radiofónica.
Hai poucas semanas queixábase de que Cambre non pagaba ao Consorcio As Mariñas pola xestión do lixo, concepto no que se chegaron a deber uns 800.000 euros. Tamén revelaba que a empresa encargada de xestionar a depuradora de Bens tiña sen cobrar deste concello 1,3 millóns de euros, mentres o alcalde presumía de ter saneadas as contas do municipio.
Outros exemplos son o pavillón de Ancéis, que se edificaba en dubidosas condicións urbanísticas; o edificio da biblioteca pública, cunha contorna que quedou sen arranxar pese a que tiñan que facelo e ninguén llelo reclamou; o convenio urbanístico no Graxal para construir o cuartel da Garda Civil e un centro social.
Incidencias que se unen a unha reclamación de máis dun millón de euros que queren zanxar entregando maior edificabilidade a un promotor ou a pretensión de construir un muro de contención a un parente, acción frenada desde Deputación por escandalosa.
As Bailly
Con todo, dous incidentes de maior calado e trascendencia sobre a turbia política cambresas teñen que ver coas Casas Bailly e coa Vía Ártabra, con especial incidencia comarcal. Recentemente, o Supremo anunciou que estudiará a incidencia que ten na rede viaria o plan masificador das Bailly no Seixo, onde se pretende construir unha urbanización enorme. Esto logrouno Oleiros grazas a un recurso contra unha sentencia do Superior de Galicia que daba a razón a Cambre.
A Vía Ártabra
Tamén desde Cambre quixeran converterse en adalides da paralización da Vía Ártabra, pero a obra xa estaba paralizada antes pola chapuza administrativa coa que se tramitou o proxecto na Consellería de Infraestruturas. Pero o concello cambrés denunciou nos tribunais que a prolongación da autovía debía responder a outro trazado, momento no que a Xustiza decidiu paralizar a obra por non ter ben feitos os trámites ambientais previos. En realidade era porque tocaba o interés dun concelleiro.
Se queres, mira tamén:
Alternativa pide ao Concello de Cambre menos fume e máis xestión
Oleiros aínda pode frenar o pelotazo urbanístico das Casas Bailly, de Cambre
O alcalde debe asumir de inmediato a falta de xefatura en Cambre