Oleiros aínda pode frenar o pelotazo urbanístico das Casas Bailly, de Cambre

O Supremo ábrese a estudiar a masificación da urbanización que se pretende edificar

A masificación urbana que o Concello de Cambre preparaba na zona das Casas Bailly, fronteirizas co Seixal de Oleiros, aínda pode frenarse vía xudicial.

O Supremo admitiu un recurso do Concello de Oleiros que tiña rexeitado o Tribunal Superior de Galicia, polo que aínda hai esperanza de que non chegue a consumarse ese pelotazo urbanístico xusto no límite, que suporía unha auténtica compactación urbana moi ao estilo da parte cambresa do outro lado da N6, con altos edificios e estreitas rúas.

Ademáis, a posible futura urbanización do lugar tería consecuencias drásticas na mobilidade, pois extendería pola rede viaria da zona unha forte densidade de vehículos, incrementando os problemas existentes.

Comparte esta nova!