O Concello de Cambre está bloqueado desde o punto de vista administrativo e económico. Alternativa dos Veciños solicita ao goberno municipal que deixe de culpar aos funcionarios que contolan a administración pública para que os procedementos sexan legais.
O alcalde non pode continuar ignorando os informes municipais que impiden contratar a dedo determinados servizos públicos. Presume de ter cartos no banco, pero iso resulta equívoco, xa que ese diñeiro está hipotecado polas débedas que o municipio ten coas varias empresas e entidades.
Un exemplo moi elocuente é o diñeiro que o municipio recaudou en concepto de depuración de augas, pero o concello leva anos sen pagar á empresa que xestiona a depuradora de Bens, a quen debe 1,3 millóns de euros. O mesmo acontece cos 800.000 que adebeda ao Consorcio As Mariñas polo tratamento do lixo.
Alternativa dos Veciños pide que non se siga hipotecando o futuro de Cambre, e lembra que gobernar é xestionar os servizos públicos, e non facer fume con feiras e festas.