Os grupos provinciais esixen a Fomento investimento na comarca

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa dos Veciños esixindo ao Ministerio de Fomento a licitación das obras de acceso á Coruña

[/vc_column_text][gem_youtube video_id=”L3FDG_S8Cig”][gem_quote]Ángel García Seoane: “Coas melloras nos accesos á Coruña non só aseguramos o benestar para as coruñesas e coruñeses, senón que tamén aseguramos un futuro para o progreso económico da nosa comarca, cunha área metropolitana á vangarda pola cal as empresas de todos os sectores estratéxicos queiran apostar”.[/gem_quote][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Pleno da Deputación da Coruña aproba por unanimidade unha moción de Alternativa dos Veciños esixindo ao Ministerio de Fomento a licitación de obras de acceso á cidade da Coruña como a ampliación da avenida Alfonso Molina ou o soterramento do tráfico no cruce de Sol y Mar, incluídas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 con partidas de tres e catro millóns de euros respectivamente .

 

A aprobación do texto por parte dos grupos que compoñen a Deputación da Coruña supón un impulso para esta proposta que Alternativa dos Veciños leva anos demandando desde o Goberno en Oleiros: “Levamos moitos anos abandonados por gobernos que están en mans duns e doutros. Por altos cargos públicos máis preocupados por disputas electoralistas que polo benestar de centos de milleiros de persoas que se ven afectadas diariamente polo retraso destas obras cruciais para o noso futuro como comarca. Se queremos que a área metropolitana da Coruña siga estando á vangarda do progreso en Galicia e en España, temos que esixir ao Estado a contratación inmediata destas obras.”, asegurou Ángel García Seoane durante a defensa da moción no pleno deste venres na Deputación da Coruña.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!