A opacidade do Goberno a respecto dos orzamentos obriga a Alternativa a votar en contra da súa aprobación
Alternativa dos Veciños vota en contra duns orzamentos opacos nos cales se repiten gastos sen executar do exercicio anterior sen xustificación algunha por parte dos responsables do Goberno.
A voceira de Alternativa dos Veciños de Culleredo, Alicia Ferreiro, denunciou durante o debate plenario dos orzamentos para 2019 en Culleredo a falta de transparencia do Goberno na presentación do documento. “Vostedes están a pedir un acto de fe. A concelleira de Facenda non especifica unha gran cantidade de gastos como o medio millón de euros para a adquisición duns terreos que non sabemos de que vai”, asegurou Ferreiro. A voceira acusou tamén ao alcalde de non cumprir a súa promesa de ter feitos os contratos de auga, axuda a domicilio, limpeza viaria ou servizo de grúa.
Na súa resposta, o alcalde de Culleredo, lonxe de responder ás preguntas formuladas por Alternativa dos Veciños dedicouse a descualificar o papel da concelleira de Alternativa e a recriminar o feito de se informase á Fiscalía das actividades irregulares do Goberno con respecto aos reparos da Intervención.Na subseguinte réplica, a voceira de Alternativa dos Veciños afeou esa actitude ao alcalde e lembroulle que non estaba a responder ningunha das preguntas sobre os orzamentos.
Ferreiro lembrou así mesmo a Riobóo que Alternativa acudiu á Fiscalía obrigada porque mes tras mes o alcalde “leva centos de miles de euros en reparos, doscales a Interventora Municipal informaque procede contratar unha auditoría para controlar os servizos realizados por outras empresas”.
Mentres o Goberno saca adiante este orzamento sen consenso e sen explicar por que non executa elevadísimas partidas de gasto, o mantemento de Culleredo é pésimo, con centos de solicitudes veciñais sen escoitar. Os cartos públicos débense invertir con responsabilidade e transparencia, e un alcalde ten que ser serio e dar exemplo