Alternativa leva á fiscalía ao Goberno de Culleredo por diversas irregularidades

O noso grupo municipal presenta dous escritos nos cales evidencia as irregularidades do Concello de Culleredo na contratación pública e dous posibles delitos de prevaricación e deixadez de funcións.

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños leva á fiscalía ao Goberno de Culleredo por contratación irregular, prevaricación e deixadez de funcións

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwaWQlM0QlMjdhdWRpb18zMTg2MzA1OCUyNyUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTI3MCUyNyUyMGFsbG93ZnVsbHNjcmVlbiUzRCUyNyUyNyUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyN25vJTI3JTIwaGVpZ2h0JTNEJTI3MjAwJTI3JTIwc3R5bGUlM0QlMjdib3JkZXIlM0ExcHglMjBzb2xpZCUyMCUyM0VFRSUzQiUyMGJveC1zaXppbmclM0Fib3JkZXItYm94JTNCJTIwd2lkdGglM0ExMDAlMjUlM0IlMjclMjBzcmMlM0QlMjJodHRwcyUzQSUyRiUyRnd3dy5pdm9veC5jb20lMkZwbGF5ZXJfZWpfMzE4NjMwNThfNF8xLmh0bWwlM0ZjMSUzRGZmNjYwMCUyMiUzRSUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][vc_column_text]O grupo municipal de Alternativa dos Veciños de Culleredo presenta na Fiscalía Provincial da Coruña dous escritos nos cales pon en coñecemento do Órgano xudicial posibles prácticas irregulares por parte do Goberno de Culleredo relacionadas coa contratación pública e cunha actuación urbanística

Alternativa dos Veciños leva meses advertindo da mala praxe do Goberno de Culleredo á hora de levantar reparos da intervención a facturas con completa falta de transparencia. O pasado mes de abril de 2018 este grupo esixiu ao Goberno que amose as facturas reparadas por valor de máis de 500.000 euros que levantou no pleno do Concello só nese mes.

Contratación irregular

Unha vez analizadas as citadas facturas, os informes da Secretaría e da Intervención municipal e os levantamento dos reparos de varios períodos comprendidos entre decembro de 2017 e outubro de 2018, este grupo viuse na obriga de acudir á fiscalía este venres 25 de xaneiro ás 12 horas para poñer no seu coñecemento unha situación de contratación irregular na que está a concorrer o Concello de Culleredo. Tal e como se especifica no primeiro dos escritos, o Concello de Culleredo está a facer de xeito reiterativo un uso fraudulento das contratacións verbais e dos contratos menores:“Parécenos que a utilización da contratación verbal e dos contratos menores que se está a levar a cabo polo goberno do Concello de Culleredo podería supoñer unha conculcación da lexislación vixente”, asegura o grupo no escrito dirixido ao Fiscal Superior de Galicia. É nese mesmo escrito no cal se lle solicita á Xustiza que leve “a cabo as investigacións e demais dilixencias que se consideren pertinentes para a aclaración destes feitos e, no seu caso, para a reparación da legalidade e a procura da satisfacción do interese social”.

Prevaricación e deixadez de funcións

No segundo escrito presentado na Fiscalía Provincial da Coruña, o grupo municipal de Alternativa dos veciños considera que o Concello de Culleredo está a incorrer nun posible delito de prevaricación e deixadez de funcións ao permitir unha obra de nova planta nunha vivenda situada en solo rústico non urbanizable de especial protección. A citada actuación urbanística produciuse nunha parcela a zona da Hermida, ao lado do aeroporto e no ámbito do Plan Especial do mesmo. No escrito presentado por Alternativa dos Veciños faise alusión á “adopción de medidas arbitrarias” e á “deixadez de funcións” por parte do Concello de Culleredo, solicitando unha vez máis “se realicen as actuacións de investigación que por lei corresponden”.


[/vc_column_text][/vc_column][vc_column][/vc_column][vc_column][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!