O Pleno da Deputación aproba por unanimidade o financiamento das obras de mellora do parque infantil Este da Barcala
Alternativa dos Veciños aproba co resto de grupos o financiamento dunha actuación urxente no parque infantil Este de A Barcala por valor de 22.380,52 euros. A obra significará a mellora de seguridade e da conservación dun parque con moitas deficiencias.
Segundo o convenio, a Deputación da Coruña achegará 17.904,42 euros para poder mellorar este parque infantil de 250 m². Actualmente constaba a existencia de incidencias rexistradas relativas á existencia de basura, cristais e elementos cortantes que non garantían a seguridade dos usuarios do parque. Ante este deficiente estado de conservación, a actuación mellorará a comodidade tras a instalación dun novo pavimento de caucho que cumpra coa normativa vixente. Tamén se repararán os xogos xa existentes.