O Supremo tamén lle da a razón ao Concello no caso do home que reclamaba unha indemnización de 615.000 euros

O veciño de Cambre dixera na denuncia que caera nun parque, pero non o demostrou

PP, PSOE e BNG apoiaron no 2018 cos ollos pechados a un veciño de Cambre que dicía ter sufrido graves lesións por unha caída no parque do Seixo. Reclamaba ao Concello 615.000 euros de indemnización. O Tribunal Supremo acaba de ratificar a sentenza do TSXG na que se lle daba a razón ao Concello polas “innumerables dúbidas en torno á veracidade do alegado”.

O afán por acabar con Alternativa e a irresponsabilidade política dalgúns individuos fixo que PP, PSOE e BNG amparasen un inverosímil relato co que se lle pretendía causar un grave prexuízo económico ás arcas públicas. O TSXG xa indicaba que “todo apunta a outra orixe das lesións padecidas, posiblemente en data distinta, anterior e noutro lugar”.

  • O que dicía o demandante nada tiña que ver co parte médico elaborado no CHUAC.
  • As datas que indicaba o denunciante e as dos informes non coincidían.
  • O médico declarou que era “case imposible” saír dun embarcadoiro de tres metros con fracturas de clavícula, vértebras e hipotórax esquerdo
  • Segundo o médico o demandante atopábase “baixo os efectos das drogas”.
  • Non había unha soa testemuña que presenciase a presunta caída, que dicía ser de madrugada.
  • Non existía aviso ningún á Policía.
  • Mentres a muller do demandante dicía que o atoparon inconsciente, o persoal de urxencias afirmaba que estaba consciente.
  • Os efectivos médicos tampouco viran o can no lugar dos feitos, e que supostamente provocara a caída ao embarcadoiro.
  • O demandante dixo estar sen auga, cando realmente a marea estaba chea.

Aquí, máis detalles sobre a nova.

Comparte esta nova!