Varapau do Tribunal Superior de Galicia á oposición de Oleiros

A Xustiza dá a razón ao Concello no caso dun home que dixo caer nun parque para cobrar 615.000 euros de indemnización

A sentencia do TSG deu a razón ao Concello nun asunto que fora amplamente utilizado pola oposición política de PP, PSOE e BNG, cando todo indicaba que podería tratarse de aproveitar determinadas lesións para cobrar unha considerable indemnización municipal, que o demandante estimaba en máis de 600.000 euros.

Todo ocorría en setembro de 2018. Segundo dicía esta persoa, caera nun foxo do parque do Seixo, o que lle produciu considerables feridas. Él denunciou ao Concello culpándoo de falta de sinalización. Eran case as 3 da mañá e un dos doutores que o atendeu posteriormente declarou que se atopaba baixo o efecto dalgunha droga.

Agora, a sentencia do TSG estima a versión inicial do Concello, xa que non hai constancia algunha de que os feitos fosen como di o demandante, un veciño de Cambre de 45 anos.

Durante todo este proceso, todos os representantes da oposición municipal posicionáronse irreflexivamente en favor desta persoa que culpaba ao Concello de ter caído no antigo embarcadoiro, pero ben se vía xa nese momento que non aportaba argumentos razonables, como agora confirma o Tribunal.

Hai que ter ben pouca talla política para utilizar un episodio desta natureza para crear barullo, culpando ao goberno municipal da presunta caída, espoleando o suceso e pretendendo que o Concello tivera que abonar máis de medio millón de euros sen que a Xustiza analizase o acontecido.

Á vista da sentenza, os portavoces da oposición deberan disculparse ante a cidadanía en nome dos seus respectivos grupos políticos e ademáis reflexionar sobre o tipo de argumentos que utilizan para convertilos en arma política contra o goberno municipal.

Por fortuna, a solidez dos argumentos do Concello foi suficiente para defender os recursos públicos ante as persoas que indecentemente queren aproveitarse deles de xeito perverso e inmoral.

Comparte esta nova!