O Goberno de Culleredo obvia incumprimentos da ordenanza de mobilidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Goberno de Culleredo obvia incumprimentos graves da ordenanza de mobilidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Goberno de Culleredo está a facer a vista gorda ante numerosos e reiterados incumprimentos da ordenanza de mobilidade,  aprobada no ano 2007, por parte dunha empresa privada de reparación e venda de vehículos na Avenida de Galicia, no Burgo.

A ordenanza de mobilidade do Concello de Culleredo, aprobada definitivamente en marzo de 2007, especifica no seu artigo 37 a prohibición de uso da vía publica para estacionar vehículos relacionados coa súa actividade industrial a casas de compra-venda, talleres mecánicos ou de lavado e calquera outra empresa do sector da automoción. Así, no mesmo artigo tamén se especifica a prohibición de uso da vía pública por parte de empresas ou particulares para promocionar a venda de vehículos a motor. Porén, é incomprensible que a veciñanza de O Burgo teña que soportar como nunha zona con moitos problemas de aparcamento como é a Avenida de Galicia —onde ademais se concentran unha gran cantidade de locais de hostalería— un taller de reparación e venda de automóbiles ocupa continuamente as poucas prazas existentes con fins expresamente prohibidos pola ordenanza sen que o Goberno tome ningunha medida.

Estes vehículos pasan meses sen moverse, ocasionando un problema de mobilidade que, polo visto, o Goberno de José Ramón Rioboo non ten intención de solucionar. Desde Alternativa dos Veciños esiximos a aplicación inmediata das ordenanzas municipais que garanten a igualdade de todas as veciñas e veciños do municipio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_gallery type=”image_grid” images=”26514,26511,26513,26512,26510″][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!