sol-y-mar copia

Alternativa dos Veciños critica a caída do investimento dos Orzamentos do Estado para a comarca da Coruña

Esta mañá, o voceiro de Alternativa dos Veciños na Deputación, Ángel García Seoane, participou cunha intervención no matinal de Radio Voz “Voces de A Coruña” para falar da actualidade provincial.

Na súa declaración, aproveitou para criticar a falta de investimento na comarca da Coruña do novo proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019. Segundo Seoane, a caída responde aos intereses dun ministro de turno máis centrado en apaciguar temas políticos noutras comunidades, esquecéndose de obras importantes para a comarca que levan anos sendo pospostas.

Tamén houbo tempo para falar de varios acordos que se adoptarán esta semana na Deputación provincial como a aprobación das primeiras fases do Plan de investimentos en vías provinciais e do Plan de sendas peonís, con investimentos de 900.000 e 320.000 euros, respectivamente.