O proxecto de orzamentos do Estado é desolador para a comarca da Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O proxecto de orzamentos do Estado é desolador para a comarca da Coruña

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os orzamentos do Estado que presentou o Goberno central para o ano 2019 asigna cantidades irrisorias para a realización das infraestruturas viarias que tanto precisa a comarca da Coruña. Cos fondos que aparecen indicados no documento é totalmente imposible abordar ningunha das urxentes necesidades que existen en materia de mobilidade.

Segundo o documento presentado onte, a asignación para a ampliación de Alfonso Molina é de 100.000 euros, para o túnel no cruce de Sol y Mar 500.000 euros, para a Ponte da Pasaxe 100.000 euros, para o Vial 18 0 euros, para a conexión da Terceira Ronda co porto exterior 100.000 euros, para a rotonda de Guísamo 100.000 euros, para a renovación da liña ferroviaria A Coruña-Ferrol 419.000 euros,… Ademais, as pasarelas peonís da N-VI á altura de Perillo, contratadas desde hai xa varios meses e actualmente en execución, aparecen cunha partida de máis dun millón de euros.

“Os Gobernos de Madrid teñen sometida á comarca da Coruña a un abandono total. É unha vergoña o que pasa. Dá igual o partido que sexa. Non é normal que se esquezan dunha zona como esta. Tampouco é normal que os deputados galegos que temos en Madrid, xa non digo os do PP e Ciudadanos que van votar en contra, pero os de En Marea e do PSdeG tiñan que defender Galicia doutra forma”, comentou o deputado provincial e presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!