Alternativa Carral celebra un mitin o venres no campo da feira coa presenza de Ángel García Seoane
Alternativa dos Veciños celebra mitin central este venres 17 de maio no campo da feira de Carral a partir das 20 horas da tarde. Nel intervirán Javier Gestal, candidato á alcaldía, e Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños.
O acto será aberto a toda a veciñanza e nel desenvolveranse as liñas programáticas de Alternativa dos Veciños en Carral. Intervirán tanto o candidato á alcaldía, Javier Gestal como Ángel García Seoane, presidente do partido.
Ao rematar celebrarase unha chourizada da que poderán desfrutar todas as persoas asistentes completamente de balde.