[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Javier Gestal será o candidato de Alternativa dos Veciños en Carral
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Francisco Javier Gestal Pérez foi presentado esta tarde por Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños, como cabeza de lista no concello de Carral. Gestal, que tamén estivo arroupado por varias das persoas que o acompañarán na lista, é un funcionario municipal que leva 26 anos de servizo público e atención á veciñanza no Concello de Carral.
Alternativa dos Veciños preséntase en Carral para loitar por conseguir novas infraestruturas, equipamentos, zonas verdes, para mellorar a convivencia, o lecer, a cultura, o ensino, o deporte, mellorar o transporte público, a atención ás persoas maiores… “Pretendemos cambiar moitas cousas neste municipio, e se pode ser desde a alcaldía. Se nos toca facer oposición non imos a entorpecer nin a boicotear a quen lle toque gobernar, sempre que prevaleza o interese xeral sobre cuestións partidistas”, dixo Javier.
Un dos asuntos pendentes que ten Carral e que afecta á seguridade xurídica dos veciños é a non aprobación do Plan Xeral de urbanismo. “O PP ten o Plan gardado nun caixón, cun montón de alegacións sen respostar. Os veciños queren saber o que poden e o que non poden facer nas súas propiedades. Non teñen dereito a hipotecarlle a vida ninguén“, comentou o candidato de Alternativa dos Veciños.
“Javier é un candidato moi bo, o mellor dos que se vai presentar en Carral. Unha persoa da que todo o mundo fala marabillas pola atención que presta no Concello de Carral como funcionario. Un home íntegro, honesto, moi querido polos seus veciños, que atende a todas as persoas que van ao Concello cunha amabilidade tremenda, que coñece o seu municipio… Se os cidadáns o consideran oportuno, creo que sería un gran alcalde para Carral”, comentou Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]