[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Deputación da Coruña resolve a concesión de subvencións a clubs deportivos da provincia para participar en competicións nacionais e internacionais
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Esta mañá o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica a resolución da concesión provisional do programa de subvencións FO103C, dirixido a clubs deportivos da provincia para sufragar os gastos de participación en competicións federadas de ámbito nacional e internacional. A cantidade total que se reparte é de 500.000 euros.
O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños informa ás entidades implicadas de que esta resolución é provisional e agárdase que nos próximos tempos se publique a resolución da concesión definitiva. Ante esta concesión provisional pódense presentar alegacións nun prazo de 5 hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución provisional no Boletín da Provincia. Neste prazo, os clubs poden comunicar se é o caso, a desistencia da solicitude, presentar unha solicitude de reformulación ou de cambio de obxecto da subvención, e presentar alegacións ou emenda de erros.
Podes consultar as entidades beneficiarias no SEGUINTE ENLACE: http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/02/01/2019_0000000740.pdf[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]