Novas subvencións para os clubs deportivos da provincia da Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Aberto o prazo de solicitude do programa FO103C da Deputación para entidades deportivas participantes en competicións de ámbito nacional e internacional

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Este luns 19 de novembro o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica a apertura do prazo para a presentación de solicitudes de subvencións provinciais no programa FO103C: Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2018. 

  • Beneficiarios: Dirixido a clubs deportivos da provincia que conten con algún equipo ou deportista (en caso de deportes individuais) que participen en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2018.
  • Prazo de presentación das solicitudes: Do martes 20 de novembro de 2018 ao martes 11 de decembro de 2018 ás 14 horas.
  • Prazo de xustificación das subvencións: Finalizará o 29 de abril de 2019 ás 14 horas. As que teñan concedida unha prorroga, o 31 de maio de 2019 ás 14 horas.
  • Tramitación: Tanto as solicitudes como o resto da tramitación realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL da deputación da Coruña, accesible a través do seguinte enlace: https://sede. dacoruna.gal/
  • Cantidade: O programa repartirá 500.000 euros entre as entidades deportivas da provincia. A porcentaxe máxima subvencionada será do 80 % do orzamento presentado.

PODES DESCARGAR MÁIS INFORMACIÓN

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!