Liáns xa ten candidatos para as eleccións primarias do 2 de febreiro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A asemblea de Liáns elixe a Esther Garrido, María José Santos, Gonzalo Cancela e Marta Martínez como candidatos para as primarias

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 150 de veciños e veciñas de Santa Cruz e Montrove participaron na asemblea celebrada nas Torres de Santa Cruz para escoller ás persoas que representarán a estas localidades nas eleccións primarias de Alternativa dos Veciños. Esther Garrido Pan, María José Santos Zas, Gonzalo Cancela Pose e Marta María Martínez Martínez foron elixidas por unanimidade polos asistentes á asemblea. 

A asemblea desenvolveuse nun clima moi tranquilo. O secretario xeral de Alternativa dos Veciños, Felipe Louzán, e o tesoureiro e representante de Montrove na executiva, Antonio Franqueira, foron os encargados de abrir a asemblea e presentar ás persoas que foron escollidas previamente polas comisións de seguimento de Santa Cruz e Montrove, destacando a súas cualidades e a súa traxectoria.

Unha vez finalizada a votación e proclamados os candidatos, o presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, destacou a importancia das vindeiras eleccións municipais para consolidar o proxecto de Alternativa dos Veciños no municipio e explicou os motivos polos que ían presentarse candidaturas en todos os municipios da comarca da Coruña. No caso concreto de Santa Cruz e Montrove destacou a realización das obras do tanque de tormentas, da renovación da rede de augas da localidade. García Seoane tamén anunciou que nas vindeiras semanas o Concello procederá á creación do futuro parque costeiro entre As Galeras e Bastiagueiro e á creación dun novo centro de lecer para a mocidade na antiga sede de Protección Civil, na escola das pedras.

Esther Garrido Pan (1957) é concelleira desde o ano 2003. Actualmente é a responsable de Cultura e Normalización Lingüística. Diplomada en maxisterio, leva vencellado á Asociación de Veciños Santaia desde o ano 1979.

María José Santos Zas (1972) é traballadora municipal no departamento de Orde Pública. Forma parte da ANPA Bidueiro do Colexio Isidro Parga Pondal.

Gonzalo Cancela Pose (1984) ten formación en administración de empresas e electricidade. Actualmente traballa na empresa Prosegur.

Marta María Martínez Martínez (1966) é administrativa e perruqueira. Colabora habitualmente coas actividades sociais que se desenvolve en Montrove.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!