[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños elixirá aos seus candidatos a través de asembleas abertas a todos os veciños
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Como vén facendo desde a súa formación, Alternativa dos Veciños elixirá aos seus candidatos para as vindeiras eleccións municipais a través dun sistema totalmente aberto, democrático e participativo. Este proceso rematará o vindeiro día 2 de febreiro coa celebración dunhas eleccións primarias nas que poderán votar todos os veciños e veciñas de Oleiros.
As comisións locais que Alternativa ten en todas as localidades escolleron durante o mes de setembro a tres persoas en cada parroquia para formar a candidatura – agás en Perillo 4, en Serantes-Maianca 5 e en Santa Cruz-Montrove outras 5. Esas 27 persoas serán presentadas ás asembleas electorais abertas que se celebrarán nas súas correspondentes localidades e nas que tamén poderá presentarse calquera persoa que o desexe.
En función das votacións resultantes en cada unha das asembleas, un total de 27 persoas participarán nas eleccións primarias do 2 de febreiro. Segundo os resultados desas primarias configurarase a lista electoral definitiva de 24 persoas.
A primeira das asembleas electorais abertas celebrarase este xoves día 18 en Dorneda, ás 20:30 horas na Casa do pobo. As seguintes están programadas para as próximas datas:
– Dexo: luns 22 de outubro ás 20:30 horas na Casa do pobo de Lorbé.
– Nós: luns 29 de outubro ás 20:30 horas na Casa do pobo.
– Mera: xoves 8 de novembro ás 20:30 horas na Casa do pobo.
– Oleiros: xoves 15 de novembro ás 20:30 horas na Casa Charry.
– Iñás: luns 26 de novembro ás 20:30 horas na Casa do pobo.
– Liáns: mércores 28 de novembro, ás 20:30 horas, nas Torres de Santa Cruz.
– Perillo: venres 30 de novembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura.
A diferenza doutras campañas electorais anteriores, debido á Lei de Protección de datos Alternativa dos Veciños non poderá dirixirse por carta a todos os cidadáns para invitalos a participar nestas asembleas. Para romper esa barreira, Alternativa dos Veciños pon en marcha unha nova páxina web para informar deste proceso e de todas as candidaturas que van presentarse nos demais municipios das comarcas da Coruña e Betanzos.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]