[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A asemblea de Iñás elixe a Jaime Rumbo, Óscar Deus e Pamela Vázquez como candidatos para as primarias
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Preto dun cento de veciños e veciñas de Iñás participaron na asemblea celebrada na Casa do pobo para escoller ás persoas que representarán á localidade nas eleccións primarias de Alternativa dos Veciños. Jaime Rumbo Mosquera, Óscar Deus Morlán e Pamela Vázquez Varela foron elixidos por unanimidade polos asistentes á asemblea.
A asemblea desenvolveuse nun clima moi participativo, con numerosas intervencións por parte das persoas asistentes. O secretario xeral de Alternativa dos Veciños, Felipe Louzán, foi o encargado de abrir a asemblea e presentar ás persoas que foron escollidas previamente pola comisión de seguimento de Iñás, destacando a súas cualidades e a súa traxectoria.
Unha vez proclamados os candidatos, o presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, destacou a importancia das vindeiras eleccións municipais para consolidar o proxecto de Alternativa dos Veciños no municipio e explicou os motivos polos que ían presentarse candidaturas en todos os concellos da comarca da Coruña. No caso concreto de Iñás lembrou a importancia de contar con representación na Deputación para converter o Pazo de Arenaza nun centro de traballo compartido para novos emprendedores ou para lograr fondos para a construción do campo de fútbol da localidade, que foi renovado por completo durante a presente lexislatura. O presidente de Alternativa dos Veciños tamén anunciou a contratación do proxecto para construir un paseo fluvial entre as localidades de Iñás e Nós.
Jaime Rumbo Mosquera (1961) é concelleiro desde o ano 2015. Actualmente é o responsable da área de Servizos Municipais. Carpinteiro de madeira de profesión, leva desde mozo vencellado ao movemento social e deportivo da localidade. A día de hoxe colabora coa Asociación de Veciños O Hórreo e coa Comisión de Festas de Iñás.
Óscar Deus Morlán (1975) é carpinteiro metálico de profesión. Forma parte da xunta directiva da Asociación de Veciños O Hórreo e da Comisión de Festas de Iñás.
Pamela Vázquez Varela (1981) é licenciada en Ciencias do Mar. Ten experiencia profesional en diversos ámbitos e colabora tanto coa Asociación de Veciños O Hórreo como coa Comisión de Festas de Iñás.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][gem_youtube video_id=”AOWq97RqFW0″][/vc_column][/vc_row]