Alternativa critica o electoralismo detrás das protestas pola obra de Vixoi
O Pleno da Deputación da Coruña inadmite as alegacións dun veciño de Bergondo para evitar a paralización da obra de mellora da seguridade viaria na estrada entre Vixoi e Cortiñán (DP-0801).
Esta obra permitirá incrementar o ancho da vía en 1,5 metros, asegurando tamén a construción dunha senda peonil. Malia estas melloras, determinadas persoas opóñense ao trazado por intereses particulares, tratando de frear o progreso dunha actuación que mellorará de xeito considerable a seguridade no lugar. O Grupo Provincial do Partido Popular foi o único en opoñerse á continuidade destas obras nun claro afán electoralista, tratando de capitalizar o descontento deses veciños.