cortinan_vixoi_bergondo_alegacion_desestimacion

A obra de ampliación da estrada Vixoi-Cortiñán seguirá en marcha

O pleno do Concello de Bergondo non vai admitir a trámite a petición de revisión de oficio do proxecto de ampliación e senda na DP-801, estrada que une Vixoi e Cortiñán. Esta obra permitirá incrementar o ancho desta vía en 1,5 metros, asegurando tamén a construción dunha senda peonil.

Malia estas melloras, determinadas persoas opuxéronse ao trazado por intereses particulares, tratando de frear o progreso desta zona. “Lamentamos que algún partido da oposición estea tentando utilizar as posibles dúbidas que algúns veciños poidan ter respecto do proxecto para manipulalos en beneficio propio e cun único obxectivo: o electoralista. Sabemos que os veciños son intelixentes e non se deixarán enredar por un pirómano político que só busca o seu interese propio e que quere desgastar ao goberno, aínda que o proxecto de Vixoi vai ser moi beneficioso para a zona e a pesar de ter votado a favor do proxecto no seu momento”, comentou o concelleiro de Alternativa dos Veciños Juan Fariña.

Novas relacionadas