Alternativa rexeita a construción de vivendas nos terreos do Porto

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños rexeita a construción de vivendas públicas ou privadas nos terreos do Porto da Coruña

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Catro dos cinco proxectos sometidos a consulta popular sobre o futuro do Porto propoñen usos residenciais en parte dos 500.000 m2 liberados nos peiraos. Alternativa dos Veciños ten claro que o Porto Exterior, de interese xeral, debe pagalo o Estado, mentres os peiraos interiores deben ser revertidos aos coruñeses e coruñesas e non deben ser obxecto de negocios especulativos.

Certo é que xa non se propoñen as 4.000 vivendas do Plan Busquets, porque a crise freou aquelas expectativas. Tamén é certo que os proxectos finalistas reducen a edificabilidade, pero un deles propón construír vivendas de baixo máis catro pisos no peirao de San Diego, outro propón construír vivendas de aluguer social no peirao petroleiro, un propón construír vivendas en 170.000 m2 (parte delas sociais ou para estudantes), outro propón construír 65 edificios en 220.000 m2 (reservando un terzo para vivenda pública) e só un prescinde do uso residencial.

Segundo o rexistro único da Xunta, na Coruña hai 2.375 demandantes de vivenda protexida. Alternativa vén demostrando desde hai décadas a súa aposta pola vivenda pública pero, como sinala Pedro Armas: “Os terreos liberados no Porto non teñen porque ser para pisos sociais nin para pisos de luxo”. Levan parados anos desenvolvementos urbanísticos residenciais (polígono de Visma, Ofimático) con espazo dabondo para a vivenda pública. Nos terreos do Porto hai que modernizar infraestruturas para o mantemento da actividade portuaria, montar equipamentos de transporte (aparcamento disuasorio, terminal de ferrocarril), deseñar zonas verdes e instalar equipamentos deportivos e culturais, para o ocio de todos os veciños e visitantes da cidade”.

Por exemplo, Alternativa propón situar alí o Museo do Coche, dando lugar a exposición permanente da colección de máis de 350 vehículos de época da Fundación Jorge Jove, cunha Biblioteca da Automoción e unha sala multiusos (aula, proxección de documentais e filmes sobre o automóbil, educación viaria), para promover tanto o turismo xeral como as visitas guiadas de escolares, ademais dunha sala de exposición para vehículos de última xeración, que se alugaría ás empresas privadas interesadas, revertendo os ingresos no mantemento do museo. Hai que incentivar a colaboración público-privada pero no sitio adecuado.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!